Constante Moreda

gaiteiro e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Constante Moreda Vázquez, nado no barrio de Cabral-Sello (naquel entón concello de Lavadores) en 1894 e finado o 10 de decembro de 1936 no Monte do Castro de Vigo, foi un gaiteiro galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Constante Moreda
Biografía
Nacemento1894
Lavadores, España
Morte10 de decembro de 1936 (41/42 anos)
Monte do Castro, España
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo
Actividade
Ocupacióngaiteiro, político
Familia
PaiManuel Moreda Outeiral
IrmánsLenin Moreda Vázquez

Pechar

Traxectoria

Fillo de Manuel Moreda Outeiral. Peiteador de profesión, compaxinou dende novo o seu traballo coa militancia no PCE. Ademais era un afamado gaiteiro que mesmo chegou a gañarlle un concurso ao mítico gaiteiro de Soutelo Avelino Cachafeiro. Arredor de 1928 formou o cuarteto Airiños de Cabral, como compañeiros tiña ao seu alumno Manuel Oliveira Blanco, na gaita, Vicente Clemata "Firma" no tambor e Román Salgueiro no bombo. A última actuación de Constante Moreda co seu grupo foi o día 18 de xullo de 1936 en plenas festas patronais de Santa Mariña de Cabral.

Foi xulgado por rebelión militar e sentenciado a pena de morte. Foi executado no Monte do Castro o 10 de decembro de 1936 co seu pai Manuel Moreda Outeiral, o seu irmán José Moreda Vázquez, Urbano Rodríguez Moledo, Manuel Núñez Álvarez, Antonio Sayar Carrera, Manuel Acuña Gómez, Fernando Costas Méndez, Luís Ferreira Vieitez, José González Andreu e Luís Martínez Román.[1] O seu irmán Alfonso Moreda Vázquez estivo agochado, foi detido e finou na prisión en abril de 1939.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.