From Wikipedia, the free encyclopedia
O Consell de Cent (Consello de Cento) era unha institución de goberno durante o Antigo Réxime na cidade de Barcelona establecida no século XIII e que perdurou ata o século XVIII. O seu nome ten a súa orixe no número dos seus membros, que eran cen (cent en catalán).
A importancia do Consell de Cent vese en moitos exemplos, como que en 1464 proclamou conde de Barcelona a Pedro o Conestable de Portugal. Outro exemplo é a negativa do Consell de Cent a aceptar a concesión feita polo rei dun estudo xeral. Martiño o Humano, o 10 de xaneiro de 1401, outorgou o privilexio real da fundación do Estudo Xeral de Medicina e Artes, coas mesmas prerrogativas que o de Montpellier e que finalmente deu orixe á Universidade de Barcelona en 1450.
Dispoñía incluso de atribucións militares para a defensa da cidade, na forza da Coronela, que xogou un papel importante na resistencia contra os ataques borbónicos de 1713.
Nas súas orixes, o goberno local correspondía a axentes (o vigairo ou o bailío) que representaban o poder real ou señorial en cada lugar, con xurisdición e facultades coercitivas para poder manter a paz e a orde. Estes axentes presidían as asembleas de veciños, que os asesoraban. Por concesión real, durante o século XII apareceron as primeiras formas autónomas de goberno municipal nalgunhas vilas e cidades. Entón, a antiga asemblea desapareceu e foi substituída por un consello restrinxido formado polos veciños máis relevantes (prohoms ou conselleiros), que se encargaban de asesorar o grupo reducido de maxistrados responsables do goberno municipal (cónsules, paers, xurados, conselleiros).
En 1238 estableceuse un Consello de Cento na cidade real aragonesa de Jaca[1] e en 1265 Xaime I de Aragón dá a súa aprobación real ao Consello de Cento de Jaca,[2] modelo implantado tamén en Barcelona e noutras cidades da Coroa de Aragón. O novo consello de Barcelona foise configurando durante o século XIII por sucesivos privilexios de successius privilegis de Xaime I:
Unha última disposición, de 1274, fixaba en 5 o número de conselleiros, elixidos cada ano o día de San Andrés por unha comisión de 12 membros do Consell de Cent. Á súa vez, os 5 conselleiros elixian os 100 prohoms do novo Consell de Cent ao comezar o seu mandato.
A causa da dificultade para reunir o Consell de Cent, cara a 1325 creouse un consello restrinxido formado por unha cuarta parte dos prohoms (primeiro de 25 membros e despois de 30) chamado Trentenari.[4] Pedro IV de Aragón deu permiso ao Consell de Cent para utilizar o Sinal Real.
No século XV, e debido ás tensións internas entre as dúas faccións do Consell de Cent (a Biga e a Busca) Afonso V de Aragón concedeu un novo privilexio de regulación da cidade (1455) que repartía dunha maneira fixa a composición dos órganos de goberno municipal entre os diferentes estamentos.
Coas reformas de Fernando II, de 1621 e de 1641/1652 os xurados do Consell de Cent sempre serían 144, entre eles 32 xurados (ciutadans honrats e doutores en dereito e en medicina, 12 cabaleiros e donceles, 4 nobres, 32 mercadores, 32 artistas (10 notarios públicos de Barcelona, 4 notarios reais, 10 boticarios e drogueiros, 2 candeeiros de cera e 6 cirurxiáns ou barbeiros e 32 menestrais). O Trentenari ou Consello ordinario de Trinta e seis era o encargado de preparar as propostas que terían que ser decididas polo Consello xeral e decidir sobre cuestións máis ordinarias, e estaba formado por 36 membros, oito ciutadans honrats e doutores en dereito e en medicina, 4 cabaleiros e nobres, 8 mercadores, 8 artistas i 8 menestrais. Finalmente, os oficios da Consellería distribuíanse da seguinte maneira:
O Consell de Cent, que durante a guerra de sucesión española se posicionou en favor da causa austriacista, levantando un rexemento,[5] e a Deputación da Generalitat de Catalunya foron abolidos polo Mariscal James Fitz-James Stuart, primeiro duque de Berwick, o 15 de setembro de 1714.[6][7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.