From Wikipedia, the free encyclopedia
As conotoxinas son un tipo de péptidos neurotóxicos illados do veleno do gasterópodo mariño do xénero Conus (cono).
Conotoxina | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
α-Conotoxina PnIB de Conus pennaceus, coas pontes disulfro en amarelo. Da Orientations of Proteins in Membranes database da Universidade de Míchigan, PDB 1AKG. | |||||||||
Identificadores | |||||||||
Símbolo | Toxin_8 | ||||||||
Pfam | PF07365 | ||||||||
InterPro | IPR009958 | ||||||||
PROSITE | PDOC60004 | ||||||||
SCOPe | 1mii / SUPFAM | ||||||||
OPM superfamily | 157 | ||||||||
OPM protein | 1akg | ||||||||
|
Conotoxina | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Identificadores | |||||||||
Símbolo | Conotoxin | ||||||||
Pfam | PF02950 | ||||||||
InterPro | IPR004214 | ||||||||
SCOPe | 2cco / SUPFAM | ||||||||
OPM superfamily | 120 | ||||||||
OPM protein | 1fyg | ||||||||
|
As conotoxinas son péptidos que constan de 10 a 30 residuos de aminoácidos, que se caracterizan por ter unha ou máis pontes disulfuro. As conotoxinas teñen unha variedade de mecanismos de acción, algúns dos cales non foron aínda determinados. Porén, parece que moitos destes péptidos modulan a actividade dos canles iónicas.[1] Nas últimas décadas as conotoxinas foron o obxecto de grande interese farmacolóxico.[2]
As conotoxinas son hipervariables mesmo dentro dentro da mesma especie. Os xenes que a codifican actúan endoxenamente,[3] e así están menos conservados e teñen máis probabilidades de experimentar eventos de duplicación xénica e mutacións non sinónimas, que fan que desenvolvan novas funcións.[4] Estes xenes sofren unha menor selección contra mutacións, e, por tanto, as mutacións permanecen no xenoma durante máis tempo, o que dá máis tempo para que xurdan novas funcións potencialmente beneficiosas.[5] A variabilidade nos compoñentes das conotoxinas reduce a probabilidade de que as presas destes caracois mariños desenvolvan resistencia; deste xeito os Conus están baixo unha constante presión selectiva para manter o polimorfismo nestes xenes (ver hipótese da Raíña Vermella).[6]
Os distintos tipos de conotoxinas tamén se diferencian no número e patrón de pontes disulfuro.[7] A rede de pontes disulfuro, xunto cos aminoácidos específicos que se encontran nos bucles entre as cisteínas, proporcionan a especificidade das conotoxinas.[8]
Ata agora determináronse as actividades de cinco conotoxinas, que se denominan: α(alfa)-, δ(delta)-, κ(kappa)-, μ(mu)-, e ω(omega)-conotoxinas. Cada un dos cinco tipos de conotoxinas atacan unha diana diferente:
As alfa-conotoxinas teñen dous tipos de disposicións das cisteínas,[16] e son antagonistas dos receptores de acetilcolina nicotínicos.
As familias omega, delta e kappa de conotoxinas teñen un armazón de knottina ou de nó de cistina inhibidor. O armazón knottina é un nó moi especial disulfuro-a través-disulfuro, no cal as pontes disulfuro III-VI cruzan o macrociclo formado por outras dúas pontes disulfuro (I-IV e II-V) e os segmentos da cadea proteica que os interconectan, onde I-VI indican os seis residuos de cisteína que empezan polo N-terminal. As disposicióins das cisteínas son as mesmas nas familias omega, delta e kappa, a pesar de que as omega-conotoxinas son bloqueadoras das canles de calcio, mentres que as delta-conotoxinas atrasan a activación das canles de sodio, e as conotoxinas kappa son bloqueadoras das canles de potasio.[7]
As mu-conotoxinas teñen dous tipos de disposicións das sisteínas, pero non presentan o armazón knottina.[17] As mu-conotoxinas teñen como diana as canles de sodio regulados por voltaxe específicos de músculo esquelético,[7] e son sondas útiles para investigar as canles de sodio reguladas por voltaxe de tecidos excitables.[17][18][19][20]
Os diferentes subtipos de canles de sodio reguladas por voltaxe encóntranse en diferentes tecidos de mamíferos, por exemplo no músculo e cerebro, e leváronse a cabo estudos para determinar a sensibilidade e especificidade das mu-conotoxinas ás diferentes isoformas.[21]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.