Conger

From Wikipedia, the free encyclopedia

Conger
Remove ads

Conger é un xénero de peixes angüiliformes, o tipo da familia dos cóngridos e da subfamilia dos congrinos, que inclúe especies mariñas serpentiformes moi comúns coñecidas como congros propiamente ditos, e que se caracterizan pola súa agresividade e voracidade.

Máis información Clasificación científica, Especies ...
Thumb
Conger conger.
Thumb
Conger cinereus.

O xénero inclúe algúns dos máis grandes membros da familia dos angüiliformes, que poden chagar até os 3 m de lonxitude no caso do congro propiamente dito. Grandes congros a miúdo foron observados polos mergulladores durante o día en partes do mar Mediterráneo, e varios congros europeos e americanos son obxecto de pesca nas costas respectivas. A historia natural da vida da maioría dos congros é pouco coñecida. Baseándose nas coleccións das súas larva (pequenos leptocáfalos), comprobouse que o congro americano (Conger oceanicus) desova no suroeste do mar dos Argazos, cerca das zonas de desova das anguías atlánticas. Unha especie de congro, Conger myriaster, é un importante peixe utilizado como alimento en Asia oriental que, a miúdo, se utiliza para preparar suxis e tempuras.[3]

Remove ads

Morfoloxía

A lonxitude máxima descrita foi de 300 cm,[3] cun peso máximo de 66 kg.[4] Os machos son de menor tamaño que as femias, e non superan o metro e medio de lonxitude.

Teñen ocorpo cilíndrico, tipicamente angüiliforme, cunha pel sen escamas,[3] e cunha abertura branquial, en forma de raigaña, que chega até o ventre. Carecem de aletas ventrais pero si dispoñen de aletas pectorais.

Hábitat e bioloxía

Viven cerca da costa nun rango de profundidades de entre 0 e 1 171 m.[5] Encóntranse sobre fondos de rocha e area,[6] moi cerca da costa cando son xuvenís e que se desprazan cara a augas profundas cando alcanzan a idade de adultos.[7]

Son voraces depredadores nocturnos de peixes, crustáceos e cefalópodos.[6]

Reprodúcense só unha vez na vida.[7] Maduran sexualmente a idades de entre 5 e 15 anos, tras o cal viaxan para desovar.[3]

Remove ads

Toxicoloxía, ecotoxicoloxía

Como depredadores, situados na parte alta da cadea trófica, estas especies forma parte daquelas que poden acumular cantidades moi grandes de contaminantes e substancias indesexábeis, a miúdo superando as normas de comercialización dos peixes, como se comprobou, por exemplo, en Francia, segundo as análises dispoñíbeis,[8], en particular para o mercurio e monometilmercurio.

Especies

Segundo o WoRMS, o xénero Conger comprende as catorce especies relacionadas a continuación.[9]

Porén o SIIT non recoñece á última das citadas, Conger wilsoni.[2]

  • Conger cinereus Rüppell, 1830
  • Conger conger (Linnaeus, 1758) - o congro [10]
  • Conger erebennus (Jordan & Snyder, 1901)
  • Conger esculentus Poey, 1861
  • Conger japonicus Bleeker, 1879
  • Conger macrocephalus Kanazawa, 1958
  • Conger myriaster (Brevoort, 1856)
  • Conger oceanicus (Mitchill, 1818) - o congro americano [11]
  • Conger oligoporus Kanazawa, 1958
  • Conger orbignianus Valenciennes, 1842 - o congro arxentino [11]
  • Conger philippinus Kanazawa, 1958
  • Conger triporiceps Kanazawa, 1958
  • Conger verreauxi Kaup, 1856
  • Conger wilsoni (Bloch & Schneider, 1801)
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads