From Wikipedia, the free encyclopedia
A Comunidade de África Oriental (CAO, en inglés: East African Community, EAC) é unha unión aduaneira de África Oriental, formada por Kenya, Uganda, Tanzania, Burundi, Ruanda e Sudán do Sur.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Poboación | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa Lingua suahili lingua francesa | |||
Creación | 7 de xullo de 2000 | |||
Organización política | ||||
Membro de | ||||
Páxina web | eac.int | |||
Os seis países que integran a Comunidade de África Oriental acordaron adoptar unha moeda única que abranguería 135 millóns de persoas.[1] A CAO é un dos piares da Comunidade Económica Africana. Ten unha unión aduaneira dende 2005 e un mercado común dende 2010.[2]
A CAO fundouse o 7 de xullo de 2000.[3] nunha cerimonia celebrada na cidade de Arusha (Tanzania), en que se localiza a súa sede, reavivando un proxecto similar abandonado en 1977. O novo tratado EAC creaba o camiño cara a unha unión económica e, nun futuro, política entre os tres países iniciais. Un tratado posterior, asinado en marzo de 2004 estableceu unha unión aduaneira que comezou o 1 de xaneiro de 2005. Segundo o tratado, Kenya, o máis rico dos tres países iniciais, ía pagar aranceis polas mercadorías que entrasen en Uganda e Tanzania ata 2010.
Burundi e Ruanda incorporáronse o 6 de xullo de 2009,[4] e Sudán do Sur o 5 de setembro de 2016.[5][6]
En xaneiro de 2023, a Comunidade de África Oriental (EAC) planea emitir unha moeda única nos próximos catro anos. O Consello de Ministros da organización debe decidir sobre a localización do Instituto Monetario de África Oriental e o establecemento dunha folla de ruta para a emisión da moeda única.[7]
O pasaporte de África Oriental lanzouse oficialmente o 1 de abril de 1999[8] para facilitar atravesar fronteiras entre estes países africanos[9][10] e dá dereito a kenyanos, tanzanos e ugandeses a unha estadía de seis meses renovábeis en calquera destes países.[9]
O pasaporte expídese nas sedes dos respectivos Departamentos de Inmigración en Nairobi, Kampala e Dar es Salaam.[9][10] Custa o equivalente a 10 dólares estadounidenses[10] e as solicitudes tardan en tramitarse de dúas a tres semanas. A pesar de que o pasaporte só é válido dentro da CAO, preténdese internacionalizalo con outros países da África Oriental.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.