From Wikipedia, the free encyclopedia
O complexo militar-industrial (proveniente do termo orixinal en inglés: military–industrial complex) é un concepto que se aplica aos intereses económicos da industria militar aplicados ao armamentismo e a unha política militarista ou imperialista. A súa divulgación realizouse a partir dun discurso do presidente estadounidense Dwight Eisenhower ao terminar o seu mandato en 1961:
O noso traballo, os recursos e os medios de subsistencia son todo o que temos; así é a estrutura mesma da nosa sociedade. Nos consellos de goberno, debemos evitar a compra de influencias inxustificadas, xa sexa buscadas ou non, polo complexo militar-industrial. Existe o risco dun desastroso desenvolvemento dun poder usurpado e [ese risco] manterase. Non debemos permitir nunca que o peso desta conxunción poña en perigo as nosas liberdades ou os procesos democráticos».Dwight D. Eisenhower no seu discurso de despedida á nación, 17 de xaneiro de 1961[1]
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xullo de 2017) |
Eisenhower aplicábao aos grupos industriais estadounidenses interesados en manter a carreira armamentística entre os Estados Unidos e a Unión Soviética durante a guerra fría para o seu beneficio económico; posteriormente foi ampliada por outros políticos estadounidenses, como o senador demócrata J. William Fulbright.[2]
Actualmente nos Estados Unidos o termo tamén engloba a ampla rede de contratos e fluxos monetarios e de recursos que circulan entre os contratistas privados de defensa, o Pentágono, o Congreso e o goberno.[3] Esta relación de intereses coñécese como «Triángulo de ferro» e pode dar lugar á formación dentro do aparato do estado de poderosos lobbys da industria militar.[4] George F. Kennan, autor da doutrina da contención e figura clave da guerra fría escribiu:
Se a Unión Soviética afundise mañá baixo as augas do océano, o complexo militar-industrial estadounidense tería que seguir existindo, sen cambios substanciais, ata que inventásemos algún outro adversario. Calquera outra cousa sería un choque inaceptable para a economía estadounidense.[5]
Con anterioridade, o concepto foi utilizado por Daniel Guérin no seu libro Fascism and Big Business. Baseándose neste concepto, tamén se crearon os termos «complexo militar-industrial-media» –acusado de promulgar o militarismo a través dos medios de comunicación–, «complexo político-media» –uso dos medios para o mantemento da hexemonía das clases dominantes ou empresas– e «complexo industrial de prisións» –aproveitamento por parte de empresas privadas da gran e crecente poboación carceraria nos Estados Unidos–.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.