From Wikipedia, the free encyclopedia
A antiga Colexiata de Cangas é un templo relixioso da vila de Cangas. A maior parte da construción data do século XVI, aínda que se cre que o primitivo templo se remonta polo menos un século máis atrás. Durante case 500 anos padeceu modificacións e contribucións de cada época e estilo, sufriu modificacións en 1585 e entre 1901-1921.
Colexiata de Cangas | |
---|---|
Datos xerais | |
País | España |
Tipo | Colexiata (1545-1744) Igrexa |
Advocación | Santiago o Maior |
Localización | Cangas |
Coordenadas | 42°15′52″N 8°47′05″O |
Culto | |
Culto | Igrexa Católica |
Diocese | Santiago de Compostela |
Arquitectura | |
Construción | século XV-1921 |
Estilo | Renacentista – Barroco |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descoñécese a data exacta da construción anterior á que hoxe se conserva. A actual data de principio do século XVI. Erixiuse polo papa Paulo III, en 1545, ao rango de Colexiata de Santiago de Cangas. A fachada, a parte máis valorada do edificio, porén, non se levantou até 1585, sendo proxectada por Xácome Fernández. A torre distribuída en dous corpo é do século XVIII.
Trátase dun templo con planta de cruz latina de tres naves. O cruceiro dunha soa nave moi ancha, posúe uns brazos pouco profundos. Carece de ciborio e, no seu lugar, érguese un eirado balaustrado e profusamente decorado. Abundan, tamén, os contrafortes que sosteñen as presións das bóvedas interiores.
No perímetro dos tellados atópase a presenza de gárgolas labradas de xeito realista.
No que a súa fachada se refire, é unha das mellores mostras da arquitectura e escultura renacentistas de toda Galiza. A ornamentación escultórica do frontón da fachada remite a tema bíblicos —coma a Anunciación— e representa tamén varios anxos. Existe unha figura dun bispo. As esculturas están danadas pola erosión e as inclemencias meteorolóxicas que borraron os principais trazos das esculturas. Sobre a súa única porta de entrada ten un grande rosetón e en ambos os lados uns contrafortes. Na parte dereita da fachada áchase a torre edificada durante o século XVIII.
O interior atópase dividido en tres naves de grande altura, divididas por vieiros e columnatas de orde xónica. A nave central péchase con bóvedas de cruzaría sexpartitas. Mentres, as naves laterais cóbrense con bóvedas de cruzaría cadripartitas. Todas estas cubertas tende ao apuntamento gótico, mais sen chegar a esaxeralo. A ornamentación interna dos nervios tamén remite ao gótico flamíxero.
O cruceiro dispón dunha soa nave, tan ancha coma a nave central do tramo principal. Cóbrese, como esta, con bóvedas de cruzaría sexpartitas.
A colexiata conta cunha capela maior cun retablo barroco do ano 1744 e outras capelas laterais con tallas de gran valor artístico, entre os piares acaroados, reflexo interno dos contrafortes externos.
En talla, salienta a figura do Cristo do Consolo executada por Juan Pintos en 1796.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.