Club Voleibol Emeve
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Club Voleibol Emeve (EMEVE son as siglas en castelán de: El Mejor Equipo de Voleibol de España)[1] é un equipo de voleibol da cidade de Lugo. Conta con equipos en tódalas categorías e os seus dous equipos sénior compite na máxima categoría de voleibol do país, o masculino na Superliga masculina e o feminino na Superliga feminina. Xoga os seus partidos como local no Pavillón Municipal de Deportes de Lugo.
Club Voleibol Emeve | |
---|---|
![]() | |
Tipo | club deportivo |
Deporte | voleibol |
Data de fundación | 1983 |
País | España |
Na rede | |
http://cvemeve.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
O equipo foi fundado pola familia Bouza no principios dos anos 1980 na cidade de Lugo co nome de EMEVE (El Mejor Equipo de Voleibol de España). Nos inicios o club lucense era un equipo feminino. O voleibol masculino dependía do Estudiantes, un equipo de baloncesto.[2] O equipo ascendeu a Primeira División na temporada 1985/86.
O 3 de maio de 2009 o autobús do equipo de voleibol xuvenil feminino que viña de quedar subcampión de España nas Canarias sufriu un accidente na estrada SC-21 da rotonda de acceso á A-54 á saída do aeroporto da Lavacolla.[3] No accidente morreron tres xogadoras.[4][5]
En febreiro de 2014 presentáronse ás eleccións da sociedade as irmás Bibí e Coté Bouza en candidaturas enfrontadas. Bilí saíu elixida presidenta e a súa irmá Coté fundou o Volei Praia Lugo. Ata 2016 as irmáns mantiveron un litixio no Xulgado Mercantil da Coruña polo nome e marcas do club. Chegouse a un acordo antes do xuízo para compartir o seu uso.
Competicións
Competicións nacionais
- Superliga Masculina 2
- Superliga Feminina 2
Competicións autonómicas
- 2ª División Autonómica Sénior Segunda División Sénior Feminina
- 1ª División Autonómica Xuvenil Primeira División Xuvenil Masculina
- 1ª División Autonómica Xuvenil Primeira División Xuvenil Feminina
- 1ª División Autonómica Cadete Primeira División Cadete Masculina
- 1ª División Autonómica Cadete Primeira División Cadete Feminina
- 3ª División Autonómica Cadete Terceira División Cadete Feminina
- 1ª División Autonómica Infantil Primeira División Infantil Masculina
- 1ª División Autonómica Infantil Primeira División Infantil Feminina
- 2ª División Autonómica Infantil Segunda División Infantil Feminina
Recoñecementos
- Mellor club de base do voleibol español, Real Federación Española de Voleibol (RFEVB), en 2009[6]
- Campión da 7 Copa da Princesa de Voleibol, Miranda de Ebro en 2014
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.