Club Santos Laguna

From Wikipedia, the free encyclopedia

Club Santos Laguna

O Club Santos Laguna S.A. de C.V., coñecido como Santos Laguna, é un club de fútbol profesional da Comarca Lagunera, México. Compite na Liga MX.

Datos rápidos Santos Laguna, Nome ...
Santos Laguna
Thumb
NomeClub Santos Laguna S.A. de C.V.
Alcume(s)Los Guerreros
Los Laguneros
Los Verdiblancos
Fundación4 de setembro de 1983 (41 anos)
EstadioEstadio Corona,
Torreón, Coahuila, México
Inauguración11 de novembro de 2009
Capacidade30.000
PropietarioGrupo Orlegi
Presidente Dante Elizalde
Adestrador Guillermo Almada
LigaLiga BBVA MX
Apertura 20191.º
VestimentaJoma
Na rede
http://www.clubsantos.mx/
Thumb
Thumb
Thumb
Thumb
Titular
Thumb
Thumb
Thumb
Thumb
Alternativo
Thumb
Thumb
Thumb
Thumb
Terceiro
Pechar

Historia

O Santos Laguna foi fundado en 1983 e chegou á máxima división do fútbol mexicano tras comprar o Ángeles de Puebla, desaparecido en 2001. O club debutou na Primeira División na tempada 1988–89. Dende entón conseguiron seis campionatos: Inverno de 1996, Verán de 2001, Clausura de 2008, Clausura de 2012, Clausura de 2015 e Clausura de 2018. Chegou tamén ás finais na tempada 1993–94, no Verán de 2000, no Bicentenario de 2010, no Apertura de 2010 e no Apertura de 2011. Ademais gañou a copa mexicana no Apertura de 2014.

O Santos é o terceiro equipo de fútbol formado na rexión de Laguna, tras o Laguna Football Club e o Football Club Torreón. En 2018, o club celebrou o seu 35º aniversario cun cambio de escudo. En 2013 foi elixido coma o quinto equipo máis popular de México.[1]

Patrocinadores

Máis información Anos, Vestimenta ...
Anos Vestimenta Patrocinador
1988–89 Adidas Coca-Cola
1989–90 Pepín Martí
1990–91
1991–92 Topper Quesos La Risueña
1992–94 Pony International Coca-Cola
1994–96 ABA Sport Corona Extra
1996–00 Corona Sport
2000–02 Soriana
2002–10 Atletica
2011–2018 Puma
2018– Charly
Pechar

Estadio

Estadio Corona

Thumb
Antigo Estadio Corona (1970-2009)

O Estadio Corona, en Torreón, Coahuila, foi un dos estadios máis pequenos de México, cunha capacidade para 20.100 espectadores. Coñecido coma o Estadio Montezuma, inaugurouse o 2 de xullo de 1970 cun amigable entre o CF Torreón e o Guadalajara. O estadio foi demolido o 2 de novembro de 2009.

Novo Estadio Corona

O Santos Laguna xoga os seus partidos coma local no Estadio Corona, con capacidade para 30.050 espectadores. A construción comezou o 22 de febreiro de 2008 e rematou o 11 de novembro de 2009. Inaugurouse cun amigable entre o Santos Laguna e o Santos FC brasileiro, con vitoria por 2-1 do equipo local.

Thumb
Novo Estadio Corona (2009-)

Palmarés

Máis información Competición, Títulos ...
Competición Títulos Tempadas
Liga MX 6 Inverno 1996, Verán 2001, Clausura 2008, Clausura 2012, Clausura 2015, Clausura 2018
Copa MX 1 Apertura 2014
Campión de Campións 1 2015
Pechar

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.