From Wikipedia, the free encyclopedia
A clorocruorina é unha hemoproteína que se une ao oxíxeno, que está presente no plasma sanguíneo de moitos anélidos, especialmente en certos poliquetos mariños.[1][2][3] A súa afinidade polo oxíxeno é menor que a da maioría das hemoglobinas. A clorocruorina é un composto dicromático, que orixina unha cor verde en solucións diluídas, pero que aparece vermella clara en solucións concentradas.[4][5][6]
A súa estrutura química é moi similar á eritrocruorina (a cal contén moitas subunidades de tipo hemoglobina e non hemoglobina) e contén moitas subunidades de tipo mioglobina de 16-17 kDa dispostas como un complexo xigante de case cen subunidades entrelazadas con proteínas cun peso molecular total que excede os 3600 kDa. A única diferenza significatva entre a clorocruorina e a eritrocruorina é que a clorocruorina leva un grupo hemo anormal.[7] Esta enorme macromolécula atópase tipicamente flotando libremente no plasma, e non no interior de células sanguíneas.[7][8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.