From Wikipedia, the free encyclopedia
Os climatiformes (Climatiiformes) son unha orde extinta de peixes acantodios. Eran abundantes ó final do Silúrico, pero volvéronse máis raros a mediados do Devoniano; unha única familia, a Gyracanthidae, estendeuse até o Carbonífero, e con ela extinguiuse toda a orde neste último período.
Caracterízanse por posuír unhas grosas e duras espiñas, ósos dérmicos recubrindo gran parte dos laterais ou frontal da cabeza e unha ou un grupo de espiñas ventrais intercaladas entre as aletas peitorais e pélvicas. Xeralmente teñen un corpo pequeno, de menos de 15 cm, dentes diminutos e dúas aletas dorsais.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.