Cirro é un termo utilizado en bioloxía e zooloxía para referirse a diversas estruturas delgadas que sobresaen do corpo de vertebrados, invertebrados e algúns protozoos. Algúns exemplos son os seguintes:
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cirro.
Na Fasciola hepatica o cirro é o pene muscular do verme, que cando non se usa está dentro dun saco do cirro ou bolsa situado preto da cabeza do animal.[1]
En varias especies de Taenia existe unha estrutura similar.
Nos poliquetosNereidae, o termo cirro refírese aos procesos tentaculares ou crecementos que presentan en cada parapodio, e distínguese o cirro dorsal e o cirro ventral, e non ten nada que ver coa reprodución.[1]páx. 431 Noutros poliquetos, un cirro é un crecemento tentacular próximo á cabeza ou notopodio, que contén órganos sensoriais e pode ser dorsal, ventral, ou lamelar.[2]
Nalgúns nemertinos denomínase cirro caudal a un pequeno crecemento con forma de febra situado no extremo posterior do verme.[3]
Nos equinodermoscrinoideos e nos crustáceoscirrípedes (percebes) o cirro é un apéndice para a alimentación e agarre delgado e longo.[4] Nos tamén crinoideos lirios de mar os cirros son delgadas febras que ás veces tapizan o talo do animal, e teñen tamén cirros nos tentáculos.
No cefalópodonáutilo, os tentáculos do animal están compostos dun cirro flexible delgado e a súa correspondente vaíña do cirro endurecida e protectora, dentro da cal se retraen os cirros.[5]
Nos peixesblenoideosChaenopsidae, o cirro é un longo crecemento que se estende desde a parte superior do ollo (cirro supraorbital) ou que se estende por debaixo da rexión posterior da cabeza (cirro nucal).[6]
Nos protozoosciliados chámanse cirros aos grupos de cilios unidos en penachos que presentan en distintas partes da súa superficie. O tipo, número e posición dos cirros son características distintivas importantes na taxonomía destes microorganismos.