Remove ads

A bromatoloxía, ou ciencia dos alimentos,[1] é a ciencia da natureza dedicada ao estudo dos alimentos.

Thumb
Bromatólogos exercendo o seu traballo

Etimoloxía

O termo bromatoloxía está formado pola unión dos elementos bromat- e -loxía, derivados do nome do grego antigo βρῶμα, -ατος brôma, -atos "alimento", e o sufixo grego -λογία -loxía, "tratado", "estudo", "ciencia", repectivamente.[2]

Concepto

Moitas veces confúndese o termo co de "tecnoloxía alimentaria". Pero o Instituto de Tecnólogos de Alimentos (Institute of Food Technologists) dos Estados Unidos, define a ciencia dos alimentos como "a disciplina na que se utilizan as ciencias biolóxicas e físicas, e a enxeñaría, para estudar a natureza dos alimentos, as causas da súa deterioración, os principios subxacentes no procesamento dos alimentos e a mellora dos alimentos para o consumidor".[3] O libro de texto Food Science define a ciencia dos alimentos, en termos máis simples, como "a aplicación das ciencias básicas e a enxenaría para estudar a natureza física, química e bioquímica dos alimentos e os principios do procesamento dos alimentos".[4]

Remove ads

Actividades dos bromatólogos

As actividades dos tecnólogos en alimentos, ou bromatólogos, inclúen o desenvolvemento de novos produtos alimenticios, o deseño de procesos para producir estes alimentos, a selección de materiais de empaquetado, os estudos de vida útil, a avaliación sensorial de produtos mediante enquisas ou consultas con posíbeis consumidores, así como probas microbiolóxicas e químicas.[5] Os científicos de alimentos poden estudar fenómenos máis fundamentais que estean directamente relacionados coa produción de produtos alimenticios e as súas propiedades.

Remove ads

Disciplinas que comprende a bromatoloxía

A ciencia dos alimentos reúne múltiplas disciplinas científicas. Incorpora conceptos de campos como a química, a física, a fisioloxía, a microbioloxía e a bioquímica, entre outros. A tecnoloxía alimentaria incorpora conceptos da enxeñaría química, por exemplo.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.

Remove ads