Chroicocephalus serranus

From Wikipedia, the free encyclopedia

Chroicocephalus serranus

A gaivota dos Andes (Chroicocephalus serranus), chülle en mapudungun, de onde provén o nome de Chile, é unha especie de ave da orde das caradriformes e familia dos láridos, unha das integradas no xénero Chroicocephalus.

Máis información Gaivota dos AndesChroicocephalus serranus, Estado de conservación ...
Gaivota dos Andes
Chroicocephalus serranus
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Suborde: Lari
Familia: Laridae
Xénero: Chroicocephalus
Especie: C. serranus
Nome binomial
Chroicocephalus serranus
(Tschudi, 1844)
Sinonimia
Larus serranus
Pechar

Características

O macho adulto é branco, cun parche negro sobre os oídos e un bordo negro rodeando os ollos e coas puntas das ás negras. Ten as patas e o peteiro de cor vermella escura. Na época reprodutiva a cabeza do macho tórnase negra con medias lúas brancas detrás dos ollos.

Historia natural

Xeralmente vese en grupos pequenos, próximos á auga e voando sobre páramos e terras crebadas. Aliméntase de insectos que atrapa polos prados, tamén de insectos que atrapa no voo.

Habita en lagoas, ríos e zonas húmidas de altura entre os 3 000 a 4 500 msnm, pero no inverno pode baixar a zonas de 2000 msnm ou incluso ao nivel do mar. Aniña en colonias dispersas e illadas, ás veces cerca de lagoas pequenas e afastadas. A súa distribución vai desde o norte de Ecuador, pasando por toda a serra peruana, o oeste de Bolivia e o norte de Chile, até o noroeste da Arxentina. A poboación total estímase en 50 000 parellas.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.