químico norteamericano From Wikipedia, the free encyclopedia
Christian Boehmer Anfinsen nado o 26 de marzo de 1916 en Monessen, Pensilvania, e finado o 14 de maio de 1995 en Randallstown, Maryland foi un químico norteamericano. En 1972 gañou o Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre a ribonuclease, especialmente aos relativos á conexión entre a secuencia de aminoácido e a conformación bioloxicamente activa.
(1969) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de marzo de 1916 Monessen, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 14 de maio de 1995 (79 anos) Randallstown, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Beth Tfiloh Cemetery (en) |
Residencia | Pikesville (pt) |
Relixión | Xudaísmo |
Educación | Facultade de Medicina Harvard - Bioquímica (1941–1943) Universidade de Pensilvania Swarthmore College (pt) Monessen High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Bioquímica |
Ocupación | bioquímico, profesor universitario, químico, biofísico |
Empregador | Universidade Johns Hopkins Universidade Harvard |
Membro de | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Анфинсен Кристиан Бемер) Obálky knih, Medvik >>>:Anfinsen, Christian B. (Christian Boehmer), 1916-1995, |
Naceu no seo dunha familia de orixe noruegués. Estudou química no Swarthmore College, onde se graduó en 1937, para posteriormente realizar un máster en química orgánica na Universidade de Pensilvania en 1939, e finalmente o doutoramento en bioquímica na Universidade Harvard en 1943.
Anfinsen quedou en Harvard como profesor asistente ata 1950, ano no que entrou a traballar no National Institute of Health, entidade dependente do Goberno Estatal estadounidense, e onde permaneceu ata 1981. Entre 1982 e 1995 foi profesor de bioloxía na Universidade Johns Hopkins.
En 1961 demostrou que a ribonuclease podía pregarse despois da desnaturalización mentres preservaba a actividade enzimática, suxerindo que toda a información requirida pola proteína para adoptar a súa conformación final ten o código na súa estrutura primaria.
En 1972 foille concedida a metade do Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre a ribonucleasa, mentres que a outra metade do premio recaeu nos traballos de Stanford Moore e William Hovard Stein sobre o coñecemento dos principios da estrutura química e a actividade catalítica das encimas.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Christian Anfinsen |
Predecesor: Gerhard Herzberg |
Premio Nobel de Química 1972 con Stanford Moore e William Howard Stein |
Sucesor: Ernst Otto Fischer e Geoffrey Wilkinson |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.