From Wikipedia, the free encyclopedia
Choloepus didactylus é unha especie de mamífero placentario da orde dos pilosos e suborde dos folívoros e familia dos megaloníquidos,[2] unha das dúas do xénero Choloepus que, á súa vez, é o único da familia.[3]
Choloepus didactylus | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Choloepus didactylus (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||||||
Distribución de Choloepus didactylus | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
É propio de Suramérica,[2] habita en Colombia, Ecuador, o Perú, Venezuela, as Güianas e o Brasil (ao norte do río Amazonas).[1]
É solitario, diúrno e arbóreo e habita principalmente na selva amazónica. É capaz de nadar e vadear ríos. Os seus inimigos principais son os humanos, aves de presa grandes como a harpía (Harpia harpyja) e a harpía cristada (Morphnus guianensis), e felinos como o ocelote (Leopardus pardalis).
A especie foi descrita en 1758 por Linneo, na décima edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Bradypus didactylus.[2][4] Tempo despois, cando en 1811 Illiger creou o xénero Choloepus, foi transferida a este.
Ademais de polo nome primixenio que lle adxudicou Linneo, Bradypus didactylus, ao longo do tempo, a especie foi coñecida tamén polos sinónimos seguintes:[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.