From Wikipedia, the free encyclopedia
Os quimeriformes (Chimaeriformes) son unha orde de peixes cartilaxinosos, o único sobrevivente da subclase Holocephali, que inclúe as quimeras ou tiburóns pantasma. A morfoloxía destes animais coñécese dende finais do Devoniano, pero no presente só sobreviven 47 especies; porén, a relación das formas fósiles coas actuais é aínda incerta.[1][2]
Quimeras | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Hydrolagus colliei | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Familias actuais | |||||||||||||||
|
O seu estraño aspecto, no que se aprecia unha gran cabeza protuberante, unha boca que se asemella á dun coello e unha longa cola que lembra á dunha rata, valeulles o nome de quimeras, que toman do monstro da mitoloxía grega formado por partes de diversos animais. Acadan tamaños de até dous metros, dos cales a maior parte corresponden á súa desmesurada cola. Unha espiña venenosa situada diante da aleta dorsal permítelles inxectar veleno a calquera animal que o ataque.
A diferenza das quenllas e as raias, as branquias da quimera están agochadas por unha solapa de pel, análoga ó opérculo dos peixes óseos. Os adultos carecen de espiráculo circular (que estaría derivado da primeira abertura branquial), presente unicamente de xeito temporal no desenvolvemento embrionario.[2] Asemade, a mandíbula superior está fusionada co resto do cranio e presentan orificio anal e uroxenital separados.
Aliméntanse de moluscos e outros animais do leito mariño. Reprodúcense pondo ovos envoltos nunha fina e longa cápsula.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.