futbolista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
José Chiarroni Pazos, nado o 6 de xaneiro de 1898 en Vigo e finado o 10 de marzo de 1944 foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de dianteiro centro.
Chiarroni | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | José Chiarroni Pazos | ||
Nacemento | 6 de xaneiro de 1898 | ||
Lugar de nacemento | Vigo | ||
Falecemento | 10 de marzo de 1944 | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1914-1923 | Vigo Sporting | ||
1923-1924 | Celta de Vigo | ||
1924-1929 | Deportivo da Coruña | ||
Selección nacional | |||
Selección de fútbol de Galicia | 5 | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Comezou a xogar no Real Vigo Sporting Club no ano 1914 e permaneceu no club ata a fusión deste co Fortuna de Vigo en 1923, pasando a formar parte do equipo do club resultante, o Celta de Vigo. Co Sporting proclamouse campión do Campionato galego en cinco ocasións.
O 14 de setembro de 1923 celebrouse o encontro de presentación do Celta entre un equipo A e B formado con xogadores do club, porén tanto Chiarroni coma Ramón González ausentaronse do mesmo.
Tras o nacemento do Celta, os xogadores do Vigo Sporting Otero, Chiarroni e Ramón González abandonaron o club e ficharon polo Deportivo da Coruña. O feito foi considerado unha afronta para o club vigués e sería un dos detonantes da histórica rivalidade co equipo coruñés. As protestas do Celta, que acusaron o Deportivo de ter subornado aos xogadores vigueses, levaron a Federación Galega a inhabilitar os tres futbolistas tránsfugas, acusándoos de profesionalismo, mentres que o Deportivo foi descualificado do Campionato de Galicia.[1] Porén, o Deportivo recorreu ante a Real Federación Española de Fútbol, a cal se pronunciou en favor dos herculinos e anulou a sanción contra o club por entender que non existira suborno, instando á FGF a que readmitise o Deportivo no campionato, aínda que si mantivo a sanción sobre os tres xogadores por existir duplicidade de fichas.[2][3] A FGF enviou un escrito de protesta á RFEF, mais esta reafirmouse na súa decisión,[4] polo que a FGF convocou unha asemblea extraordinaria[5] na que acordou por maioría aceptar o veredicto da RFEF.[6]
Co Celta só disputou encontros amigábeis, coma o realizado no verán de 1924 ante a Selección de fútbol do Uruguai que se atopaba de camiño aos Xogos Olímpicos París 1924, dos cales se proclamarían campións.
En 1924 pasou a formar parte oficialmente do equipo do Deportivo da Coruña, onde permaneceu ata 1929, proclamándose campión de galicia en dúas ocasións.
Unha vez retirado do fútbol en activo foi adestrador do Betanzos CF.
O 19 de novembro de 1922 formou parte do primeiro encontro da Selección de fútbol de Galicia ante Castela, cun 4-1 como resultado final. Posteriormente foi convocado noutras catro ocasións.
Foi tío avó dos tamén futbolistas Roberto e Carlos Chiarroni Pérez.[Cómpre referencia]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.