parroquia civil do concello de Monforte de Lemos From Wikipedia, the free encyclopedia
San Xoán de Chavaga é unha parroquia de Monforte de Lemos na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2009, tiña 58 (32 homes e 26 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 87 habitantes.
Chavaga | |
---|---|
Concello | Monforte de Lemos[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°32′12″N 7°25′55″O |
Poboación | 51 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Limita coas parroquias da Parte e Fornelas ao norte, Cereixa ao leste, Pinel e Bascós ao sur, e Reigada ao oeste.
O 20 de abril de 1949 no lugar do Piricallo milicianos do destacamento Santiago Carrillo (grupo de "Rocesvinto"), pertencente á II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia que tiñan alí o seu refuxio, foron sorprendidos por un destacamento de 60 gardas civís de Lugo e Ponferrada, orixinándose un combate que tivo como resultado a morte de catro guerrilleiros: Evaristo González Pérez "Rocesvinto", Guillermo Morán García "Asturiano", Gregorio Colmenero Fernández "Porreto" de Torbeo e Julián Acebo Alberca "Guardiña". Outro guerrilleiro do grupo, Fermín Gutiérrez Lada "Segura", conseguiu fuxir.
En 2006 púxose unha placa recordando os feitos que foi roubada ás poucas horas de ser descuberta. A placa foi recolocada o 18 de abril de 2009.
A igrexa parroquial de San Xoán de Chavaga é do século XVIII.
Lugares da parroquia de Chavaga no concello de Monforte de Lemos (Lugo) | |
---|---|
O Alto de Chavaga | Barxa | Cabo | O Cotelo | Meixide | Montecelo | Outeiro | Pacios | O Piricallo | Ríos |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.