From Wikipedia, the free encyclopedia
Chaetophractus vellerosus é unha especie de mamífero placentario da orde dos cingulados, familia dos dasipódidos (a única da orde), e subfamilia dos eufractinos, unha das tres que integran o xénero Chaetophractus.[2]
Chaetophractus vellerosus Armadillo peludo gritador | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Chaetophractus vellerosus (Gray, 1865) | |||||||||||||||||||||
Distribución de Chaetophractus vellerosus. |
É un armadillo suramericano que habita en Bolivia, Paraguai e a Arxentina.[1]
Chaetophractus vellerosus é un animal duns 25 cm de lonxitude, robusto, de forma aplanada, co corpo cuberto dunha vintena de bandas dunha cor gris escura. A parte superior da cabeza, a parte exterior das patas e a cola tamén están cubertos coa coiraza. As placas que conforman a armadura son mouras, ásperas ao tacto e visualmente similares ás escamas dos crocodilos.
Esta especie adáptase ben a case todos os tipos de ambientes, sempre que non sexan demasiado húmidos. Polo tanto pódese encontrar en bosques secos tropicais e subtropicais, en pradeiras con ou sen arbustos, en áreas de deserto, e en campos cultivados.
Chaetophractus vellerosus encóntrase xeralmente na rexión do Chaco de Bolivia, en Paraguai e na Arxentina.[3][4] Unha poboación disxunta sitúase na parte oriental da provincia de Buenos Aires.[5][6][7][8][9]
Pódese encontrar en altitudes desde o nivel do mar até os 1 000 msnm. Os rexistros da especie efectuados en Chile probabelmente sexan de Chaetophractus nationi.[1]
A especie foi descrita en 1865 polo naturalista inglés John Edward Gray en Proc. Zool. Soc. Lond., 1865: 376,[10] a partir dun exemplar do Museo Británico recolectado en Santa Cruz de la Sierra (leste de Bolivia) e que Gray denominou Dasypus vellerosus.[11]
Ademais de polo nome que lle adxudicou Gray, e do actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos seguintes sinónimos:[10]
Na actualidade recoñécense estas dúas subespecies:[10][12]
Aínda que, segundo a UICN, é necesaria a súa confirmación taxonómica.[1]
Desde o ano 2006, a UICN vén cualificando o status da especie como LC (pouco preocupante), debido a que, aínda que é susceptíbel de sufrir a caza nalgunhas partes da súa área de dispersión, a especie está moi estendida, e considérase que as taxas de extracción teñen un nivel que lle garantiza no ter que ser incluída nunha categoría ameazada. Porén, a poboación disxunta na provincia de Buenos Aires está suxeita a modificacións no seu hábitat.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.