filme de 1977 dirixido por Luis Buñuel From Wikipedia, the free encyclopedia
Ese oscuro objeto del deseo (en francés: Cet obscur objet du désir) é un filme franco-español de 1977 dirixido por Luis Buñuel. Foi o derradeiro filme dirixido por Buñuel antes da súa morte en xullo de 1983.[1][2] O filme foi escollido como candidato de España para o Óscar ó mellor filme en lingua non-inglesa na 50ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.
Ese oscuro objeto del deseo | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ese oscuro objeto del deseo |
Director | Luis Buñuel |
Produtor | Serge Silberman |
Guión |
|
Baseado en | La Femme et le Pantin de Pierre Louÿs |
Intérpretes |
|
Fotografía | Edmond Richard |
Montaxe | Hélène Plemiannikov |
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | 17 de agosto de 1977 |
Duración | 102 minutos |
Orixe | España Francia |
Xénero | Comedia e drama |
Na rede | |
Durante unha viaxe en tren, Mathieu Faber conta aos seus compañeiros de compartimento a súa historia sentimental con Conchita, unha sedutora muller á que tratará de conquistar. Non obstante, ela sempre consegue eludir os seus amoríos, a pesar de darlle esperanzas.
O filme non foi un éxito financeiro, mais si de crítica, recibindo candidaturas ao mellor filme estranxeiro tanto nos Globos de Ouro como nos Óscar, en que tamén recibiu unha candidatura ao mellor guión adaptado.[3] O National Board of Review[4] e a Los Angeles Film Critics Association concedéronlle o premio ao mellor filme en lingua estranxeira en 1977 e Luis Buñuel foi considerado o mellor director polo National Board of Review[4] e os premios da National Society of Film Critics. Foi tamén candidato aos premios César.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.