especie de mamífero From Wikipedia, the free encyclopedia
O cervo das pampas[2] (Ozotoceros bezoarticus) é unha especie de cervo que vive nas pampas de América do Sur, en terreos de baixa altitude.[3] O seu hábitat tamén inclúe zonas húmidas e outeiros, a miúdo con seca invernal, e vexetación alta de abondo como para cubrir un cervo en pé.[4] A maioría dos exemplares en liberdade vive nas terras húmidas do Pantanal, onde se están a levar a cabo accións pola súa conservación, así como noutras áreas con ciclos anuais de asulagamento. A actividade humana cambiou fortemente o seu hábitat orixinal.[5] Sábese que poden vivir até os 12 anos en liberdade, e aínda máis en catividade, mais a especie está ameazada pola caza e pola perda do seu hábitat.[6] Existe unha gran conciencia entre a poboación sobre a súa perda, xa que unha poboación saudable de cervo das pampas mantén unha pradeira saudable, e a pradeira é o fogar de numerosas especies, algunhas das cales tamén están ameazadas. Moitas aves de América do Norte migran cara ao sur nesas áreas, e se o hábitato do cervo das pampas desaparece, crese que isto afectará á poboación destas especies de paxaros.[7] Existen uns 80 000 exemplares de cervo das pampas, a maioría dos cales viven no Brasil.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.