Cercocebus atys
especie de mamífero From Wikipedia, the free encyclopedia
especie de mamífero From Wikipedia, the free encyclopedia
O Cercocebus atys é unha especie de primate catarrino da familia Cercopithecidae que habita as rexións ecuatoriais entre o Senegal e Ghana. A capa é gris escura ou negra, de aspecto sucio. Rolda os 8 kg de peso, con formas esveltas e con longas patas.
Cercocebus atys | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Case ameazada[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Cercocebus atys (Audebert, 1797) | |||||||||||||||||||
Distribución da especie. |
É unha especie arborícola, de hábitos diúrnos, móvese polas selvas primarias ou secundarias, os bosques de galería ou os mangleiros, en tropas numerosas, de até 100 individuos. É un omnívoro que prefire os froitos e sementes, pero aproveita outras clases de alimentos, como follas ou pequenos animais. É cazado con frecuencia para consumo humano nas rexións que habita, o que provocou a súa escaseza en moitas áreas, aínda que segue sendo abundante, sobre todo en Serra Leoa, Liberia e o oeste de Costa do Marfil.
Recoñécense dúas subespecies, tratadas a miúdo como subespecies de Cercocebus torquatus.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.