Remove ads
organismo tecnolóxico galego From Wikipedia, the free encyclopedia
O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) é un centro de cálculo de altas prestacións radicado en Galicia. Proporciona servizos de cálculo e comunicacións ás comunidades investigadoras galegas, ao CSIC e a calquera empresa ou institución que o solicite.
Centro de Supercomputación de Galicia | |
---|---|
Entrada ao CESGA. | |
Tipo | instalación e axencia gobernamental |
Data de fundación | maio de 1993 |
Director/a | Lois Orosa Nogueira |
Nº de empregados | 45 |
En | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
42°52′33″N 8°33′12″O | |
Na rede | |
http://www.cesga.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Entre as súas instalacións conta co supercomputador FinisTerrae III. O equipo foi instalado no ano 2021 e posto en produción no ano 2022. É un equipo Bull ATOS bullx distribuído en 13 racks ou armarios e que conta con 354 nodos de computación, 22.656 cores Intel Xeon Ice Lake 8352Y, 128 GPUs Nvidia A100 e 16 Nvidia T4, 118 TB de memoria e 5.000 TB de almacenamento de altas prestacións Lustre. Todos os nodos están interconectados mediante unha rede de baixa latencia Mellanox Infiniband HDR. A capacidade de cómputo pico do equipo é de 4 PetaFlops[1][2]. Esta máquina sustitúe as precendentes Finisterrae I e II.
Xunto con outras infraestruturas avanzadas están destinadas a incrementar a capacidade investigadora e tecnolóxica da comunidade científica e da industria. Pola súa singularidade no conxunto do Estado Español, recoñécese como infraestrutura científica tecnolóxica singular de España (ICTS) dende 2009[3][4]. As infraestruturas máis significativas están destinadas a proporcionar grandes potencias de cálculo computacional en contornas científicas tecnolóxicas por medio de diferentes arquitecturas, así como as redes avanzadas de comunicacións que permiten á comunidade científica tecnolóxica galega acceder ás redes académicas-científicas nacionais e internacionais por medio de grandes anchos de banda. Existen tamén outras infraestruturas relacionadas coas tecnoloxías da información que proporcionan unha gran variedade de servizos complementarios á Comunidade Científica Galega, sistema académico universitario e do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).
O CESGA foi inaugurado en maio de 1993, aínda que o seu inicio data de dous anos antes, mediante a firma en 1991 dun convenio entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o CSIC para a creación do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) baixo a figura xurídica de Sociedade Anónima de Xestión.[5]
Dende o ano 2012 o CESGA constituíuse exclusivamente como Fundación Pública Galega, coa denominación Fundación Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA), e extinguindo a anterior Sociedade Anónima de Xestión Centro de Supercomputación de Galicia (SAX CESGA)[6].
A Fundación CESGA é unha institución pública sen ánimo de lucro na que os seus patróns pertencen á Xunta de Galicia (70% do capital) e mais ó CSIC (30% do capital). O CESGA naceu do compromiso da Xunta de Galicia de promover servizos comúns de apoio ás tarefas de investigación, e por outra banda, do interese do CSIC de promover en Galicia un contorno de traballo na área do cálculo intensivo, comunicacións e servizos avanzados na sociedade da información e o coñecemento.
A Fundación CESGA ten como misión contribuír ao avance da Ciencia e a Técnica, mediante a investigación e aplicación de computación e comunicacións de altas prestacións, así como outros recursos das tecnoloxías da información, en colaboración con outras institucións, para o beneficio da Sociedade.[7]
En 1993 inaugurase o CESGA. Contaba cun superordenador vectorial Fujitsu VP 2400 e unha rede de comunicacións coas universidades galegas e os centros do CSIC afincados en Galicia de baixa capacidade de acceso.
En 1998 substitúese o Fijitsu VP 2400 por dous novos supercomputadores.
Durante o ano 1999 ponse en produción un novo supercomputador de altas prestacións, o Sun Microsystems HPC (High Performance Computing) 4500. Este novo computador alcanzaba rendementos de 9.6 GFLOPS estaba organizado nunha arquitectura de memoria compartida (SMP) e organizábase en 12 procesadores a 400 MHz cada un, 4 GB de memoria principal e 36GB de almacenamento
O Superordenador Virtual Galego (SVG) nace no ano 2001 sendo un conxunto heteroxéneo de servidores. Componse de:
O supercomputador HPC320 implantase en 2002, componse de 8 servidores que proporcionan 32 CPUs a 1 GHz, a memoria principal total do sistema ascende a 80GB distribuído en nodos de 8 e 16GB. Este clúster proporciona unha rede de interconexión de baixa latencia mediante unha rede memoria Memory Channel II e alto ancho de banda. A capacidade de almacenamento total é de 2TB. O máximo rendemento obtido probando o venchmark Linpack foi de 45GFlops.
No ano 2003 adquírese o Superdome, un superordenador formado por dous servidores que proporcionan 64 procesadores Intel Itanium2 a 1.5GB e unha memoria principal de 384 GB, o sistema de almacenamento está composto de 128 discos SCSI que gardan un total de 4.6TB de información. Aplicando o benchmark anterior conseguiu un rendemento de 642GFLOP o que logrou situalo no posto 227 do TOP500 no ano 2003
O Finisterrae é un sistema de integrado por 144 de memoria compartida cunha arquitectura SMP adquirido en 2007. A distribución dos nodos é a seguinte:
Dispón dunha rede Infiniband 4x DDR a unha velocidade 20Gbps que da soporte a interconexión entre nodos e unha rede externa de 10 Gbps. O Finisterrae rompe coa barreira do TeraFLOP alcanzando os 20TFLOPS, acadando a principios do 2008 o posto 100 no TOP500
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.