Centro de Interpretación da Lagoa de Antela
espazo museístico en Sandiás From Wikipedia, the free encyclopedia
O Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, dependente do Concello de Sandiás, máis coñecido como A Casa da Lagoa, é un centro de estudo da lagoa de Antela, situado no centro da vila de Sandiás, nunha antiga casa labrega rehabilitada, no que era a antiga marxe noroeste da lagoa de Antela.
Centro de Interpretación da Lagoa de Antela | |
---|---|
Tipo | centro de interpretación |
En | Sandiás |
País | Galicia |
42°06′39″N 7°45′24″O | |
Na rede | |
https://www.sandias.es/casa-lagoa-de-antela/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Funcionamento

O concello de Sandiás púxoo en marcha tras ser aprobada unha iniciativa Leader II Val da Limia, de dinamización dos núcleos rurais con propostas culturais. No centro atópase unha exposición sobre a historia da lagoa e as areeiras recuperadas na actualidade. Tamén existen cámaras teledirixidas para observar o que está a acontecer nos espazos húmidos, así como audivisuais sobre a lagoa de Antela, o patrimonio histórico-artístico da zona e sobre as areeiras recuperadas medioambientalmente.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha de Turgalicia sobre o centro Arquivado 29 de outubro de 2016 en Wayback Machine.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.