Centro-Val de Loira

rexión de Francia From Wikipedia, the free encyclopedia

Centro-Val de Loiramap

Centro-Val de Loira (en francés: Centre-Val de Loire) é unha rexión de Francia que agrupa a seis departamentos e cuxa capital atópase en Orleáns. Trátase dunha rexión marcada pola súa identidade rural, combinada con todo, con aglomeracións urbanas de forte tradición industrial. É a primeira produtora de cereais do país e a quinta rexión industrial de Francia.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Modelo:Xeografía políticaCentro-Val de Loira
Centre-Val de Loire (fr) Editar o valor en Wikidata
Thumb

Localización
Thumb Editar o valor en Wikidata Thumb
 47°30′N 1°45′L
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana Editar o valor en Wikidata
CapitalOrleáns Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.573.303 (2021) Editar o valor en Wikidata (65,73 hab./km²)
Lingua usadalingua francesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie39.151 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación4 de xuño de 1960 Editar o valor en Wikidata
Organización política
 Xefe do gobernoFrançois Bonneau (pt) Traducir (2021–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoRegional Council of Centre-Val de Loire (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2FR-CVL e FR-F Editar o valor en Wikidata
Código NUTSFRB Editar o valor en Wikidata
INSEE region code (en) Traducir24 Editar o valor en Wikidata

Instagram: regioncentre_valdeloire BNE: XX456759 Editar o valor en Wikidata
Pechar

Xeografía

A principal característica desta rexión é o Val do Loira, que inclúe os ricos e fértiles vales do río Loira e dos seus afluentes, como o Cher, o Indre ou o Loiret. É nesta zona onde se atopan os famosos castelos do Val do Loira, que atraen a moitos turistas á rexión.

Etimoloxía

Centro foi o nome el nome escollido polo goberno central baseándose puramente na súa posición xeográfica, xa que esta rexión está composta de demasiadas provincias históricas como para elixir un nome histórico. Porén, o Centro nin sequera está no situado centro xeográfico de Francia, e o nome foi criticado por ser excesivamente aburrido e anódino.

Houbo unha proposta para trocar o nome da rexión ao de Val de Loire (é dicir, Val do Loira), o cal daría maior carácter ao nome da rexión, xa que este nome vai asociado a unha imaxe positiva do val, como os castelos, o suave e refinado estilo de vida, o viño ou o clima suave e tépedo. O 17 de xaneiro de 2015 coa proposta de reorganización das rexións de Francia o nome foi cambiado oficialmente a "Centre-Val de Loire".[1]

Outros nomes alternativos son Cher-Berry e Pays de la Gaul, chamado así polo antigo nome romano de Francia.

Historia

Thumb
Igrexa de Saint Paterne en Orleáns

Desde un punto de vista histórico, Centro comprende tres provincias: o Orléanais (Loiret, Eure-et-Loir, Loir-et-Cher), o Berry (Cher, Indre) e a Touraine (Indre e Loira).

Trátase dunha rexión moi vinculada á monarquía francesa, dende que no ano 1418 a familia real instalouse na Touraine. En consecuencia, os castelos de Amboise e de Blois pasaron a ser residencias reais baixo os reinados de Carlos VII, Lois XII e Francisco I. Este último tamén mandou construír outro castelo na rexión, o castelo de Chambord, cuxa construción foi encomendada a Leonardo da Vinci. Coa instalación dos diferentes reis franceses na rexión, numerosos nobres tamén decidiron trasladarse á zona. Desta maneira, construíuse un gran número de castelos preto dos ríos Loira, Cher e Indre. De entre todos eles, algúns nobres castelos para destacar son os de Chenonceau e Azay-lle-Rideau.

Administración

A rexión Centro linda coas rexións de Auvernia ao sueste, Borgoña ao leste, Illa de Francia ao nordeste, Lemosín ao sur, Baixa Normandía ao noroeste, Alta Normandía ao norte, País do Loira ao oeste e Poitou-Charentes ao suroeste.

Está composta por vinte distritos, 198 cantóns e 1.842 concellos, a parte dos seis departamentos:

Política

Thumb
Castelo de Azay-le-Rideau, un dos castelos do Val do Loira
Thumb
Castelo de Valençay, outro dos castelos do Val do Loira

Dende as primeiras eleccións rexionais, celebradas en 1986, até 1998, diferentes partidos de dereitas ostentaron a maioría no Consello Rexional. Durante esta etapa, a presidencia do Consello foi exercida por Maurice Dousset, do partido Unión para a Democracia Francesa (UDF).

En 1998, a esquerda plural consegue a maioría relativa no Consello Rexional, con só un deputado máis que os partidos de dereita até entón no poder, a Agrupación para a República, a Democracia Liberal e a UDF. Desta situación nace unha alianza efémera entre a dereita e o partido ultradereitista Fronte Nacional. Bernard Harang é elixido presidente do Consello Rexional, pero terá que dimitir días despois como consecuencia da presión dos diferentes aparellos políticos nacionais e das numerosas manifestacións que se produciron nas diferentes cidades da rexión, especialmente na capital Orleáns.

Finalmente, roto xa este pacto entre os partidos de dereita e a Fronte Nacional, a cabeza da lista de esquerda, o socialista Michel Sapin, alcalde de Argenton-sur-Creuse (Indre), é elixido presidente do Consello Rexional. Michel Sapin ocupará este cargo até abril do ano 2000, cando é nomeado Ministro da Función Pública. Substituirao o tamén socialista Alain Rafesthain, que será presidente da rexión até as eleccións de 2004.

En 2004, a coalición formada polo Partido Socialista, o Partido Comunista Francés, Os Verdes, o Partido Radical de Esquerda e o Movemento Republicano e Cidadán, e que se atopa encabezada novamente por Michel Sapin obtén a maioría absoluta no Consello Rexional, converténdose de novo en presidente do Consello Rexional da rexión Centro.

Economía

Centro é a primeira rexión da Unión Europea con respecto á produción de cereais, tendo tamén grande importancia os cultivos de remolacha azucreira, colza e xirasol. Rexión de gran tradición agrícola, a descentralización industrial dos anos 1950 permitiu o xurdir de sectores industriais modernos, como o sector farmacéutico. Este fenómeno beneficiou sobre todo aos dous departamentos máis próximos a París (Eure e Loir e Loiret), que viron dobrar a súa poboación activa industrial entre 1954 e 1974.

Actualmente, Centro tamén destaca en ser a segunda rexión francesa en produción de enerxía, debido ás catro centrais nucleares situadas na beira do río Loira.

Así mesmo, o sector terciario está bastante presente nas dúas grandes cidades da rexión, Orleáns e Tours. En Orleáns destaca o sector da banca e dos seguros, así como o da investigación científica. En cambio, na cidade de Tours predominan os sectores da sanidade e da educación universitaria, á vez que é o primeiro centro hostaleiro da rexión. O turismo cultural ha coñecido unha forte expansión debido ao gran número de castelos que se atopan na rexión, especialmente nas zonas máis próximas ao río Loira, e que fixeron que esta rexión sexa tamén coñecida como a dos Castelos do Loira.

Demografía

Thumb
Tours, cidade máis poboada da rexión

Centro é a décima rexión máis poboada de Francia metropolitana. O censo parcial de 2004 indicaba que a rexión gañara a 42.000 habitantes respecto do censo do ano 1999. A taxa de crecemento durante a década de 1990 mantívose estable en torno ao 0,32%, o cal mostra un crecemento inferior á media nacional que se situou, durante este período, en torno ao 0,37%.

As tres principais áreas urbanas (Tours, Orleáns e Bourges) concentran un terzo da poboación rexional, que é maioritariamente rural. En 1999, Tours era a vixésima área urbana máis poboada de Francia con 376.377 habitantes e un crecemento do 0,69% durante o período 1990-1999. A área de Orleáns, tamén en 1999, era a vixésimo-segunda con 355.811 habitantes e un crecemento do 0,86%.

As áreas máis poboadas son as situadas á beira do río Loira, e nos municipios máis no norte, cerca do límite coa rexión de Illa de Francia. As principais cidades da rexión están situadas á beira do Loira, este é o caso da capital rexional, Orleáns, de Tours e de Blois. Agora ben, actualmente a área máis próxima á rexión metropolitana de París experimenta un forte crecemento debido a esta proximidade, subindo no global das rexións de Francia do décimo terceiro posto en canto a poboación en 2004 ao décimo 2008 con 2 538 000 habitantes.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.