Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos cefalofinos (Cephalophinae) é unha subfamilia de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos, que comprende 3 xéneros cunhas 20 especies de pequenos antílopes africanos,[1] que son coñecidos como cefalofos o duiqueros.
Cefalofinos Cephalophinae Cefalofos ou duiqueros Rango fósil: mioceno tardío - actualidade | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cephalophus sylvicultor | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||
Son pequenos antílopes, ás veces moi pequenos, que adoitan dividirse en dous grupos baseados no seu hábitat: cefalofos ou duiqueros de bosque e cefalofos ou duiqueros de matogueira. Todas as especies de bosque habitan nas selvas tropicais da África subsahariana, mentres que o único coñecido de matogueira, Sylvicapra grimmia, ocupa as sabanas arbustivas. Son animais moi tímidos e esquivos que prefiren as zonas con densa cobertura vexetal.[2][3]
Debido á súa rareza e ás súas poboacións mesturadas, non se sabe moito sobre os cefalofos, polo que as xeneralizacións baséanse sobre todo nas especies máis estudadas, o cefalofo de Natal (Cephalophus natalensis), o cefalofo silvicultor (Cephalophus silvicultor) o cefalofo azul (Philantomba monticola), e o duiquero común ou duiquero gris (Sylvicapra grimmia).
Os membos do primeiro grupo (xéneros Cephalophus e Philantomba) teñen un perfil que lles dá a aparencia de estaren de crequenas, co lombo moi arqueado. Teñen as patas curtas, e proporcionalmente finas, as dianteiras a miúdo lixeiramente máis curtas ca as traseiras. A cabeza, dirixida cara ao chan, presenta unha crista frontal ben desenvolvida, de pelos longos entre os cornos, que chegan a ocultar ás veces. Os cornos, presentes en ambos os sexos, son curtos (ás veces, moi curtos), rectos, de sección triangular aplanada, e dirixidos cara a atrás, continuando a liña do perfil do fociño. A pelaxe é uniforme, lisa e lustrosa.[2]
O segundo grupo está constituído, como quedou dito, por unha única especie, Sylvicapra grimmia. Esta ten o lombo máis ben recto. A crista entre os cornos está ben desenvolvida. Os cornos (xeralmente presentes só nos machos) son longos, finos, de sección circular, rectos e dirixidos cara a arriba.[2]
En zonas da selva tropical africana, a poboación local caza cefalofos para aproveitar a súa pel, carne e cornos, que alcanzan elevados prezos nos mercados da zona.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.