política española From Wikipedia, the free encyclopedia
Cayetana Álvarez de Toledo y Peralta-Ramos, XIII marquesa de Casa Fuerte, nada en Madrid o 15 de outubro de 1974, é unha xornalista, historiadora e política española[1]. Tamén posúe as nacionalidades arxentina e francesa. Militante do Partido Popular, foi deputada no Congreso por Madrid entre 2008 e 2015 e dende 2019 é deputada por Barcelona. É directora da área internacional de FAES.
Naceu na capital española, filla de pai francés e nai arxentina.[1] Seu pai foi Juan Illán Álvarez de Toledo y Giraud, XII marqués de Casa Fuerte e súa nai Patricia Peralta-Ramos y Madero. Por vía materna provén dunha familia patricia arxentina que se remonta a Blas de Peralta e ao fundador da cidade de Mar del Plata, Patricio Peralta Ramos, entre outros.[2]
Pasou os primeiros anos da súa infancia en Londres e dende os sete anos viviu en Buenos Aires, onde asistiu á Northlands School. Volveu ao Reino Unido para realizar estudos universitarios e licenciouse en Historia Moderna pola Universidade de Oxford, e logo doutorouse cunha tese sobre o bispo Juan de Palafox, vicerrei de Nova España, dirixida polo historiador hispanista John Elliott.[1][3] O 20 de outubro de 2001 casou co empresario catalán (e curmán seu en grao décimo quinto)[4] Joaquín Güell Ampuero, da familia dos condes de Güell, con quen ten dúas fillas.[1] En xaneiro de 2018 a parella divorciouse.[5]
Logo do seu doutoramento, en setembro de 2000 ingresou como redactora no diario El Mundo, primeiro na sección de opinión e máis tarde pasou á de economía. Foi tamén tertuliana na cadea COPE no programa La Mañana que dirixía Federico Jiménez Losantos. En 2006 o secretario xeral do Partido Popular (PP), Ángel Acebes nomeouna xefa do seu gabinete, coa misión de asesoralo na estratexia política, xestionar a súa axenda e coordinar a elaboración dos seus discursos e intervencións parlamentarias.[6] Como xornalista de El Mundo, o Foro Económico Mundial elixiuna como «líder global nova» en 2008 polos «seus logros profesionais, compromiso coa sociedade e o seu potencial para contribuír a forxar o futuro do mundo».
Contra 2007 adquiriu a nacionalidade española e concorreu ás eleccións xerais de 2008 como número 9 na lista do PP ao Congreso pola circunscrición de Madrid, converténdose en deputada da IX lexislatura, e exerceu como voceira adxunta do grupo parlamentario Popular. Nas eleccións xerais de 2011 volveu concorrer como número 10 da lista do PP, renovando o seu escano na X lexislatura. No Congreso foi vicepresidenta da Comisión Mixta para a Unión Europea e vogal das Comisións de Xustiza e Constitucional. En 2012 ao falecer seu pai herdou o título de nobreza de marquesa de Casa Fuerte. En 2014 escribiu un artigo de opinión no Financial Times en contra da tendencia independentista do nacionalismo catalán[7] e nese ano foi unha das primeiras asinantes do manifesto Libres e Iguales, que rexeitaba calquera cesión nunha eventual negociación co independentismo catalán[8] e que deu orixe á plataforma do mesmo nome que a elixiu como voceira.[9]
En 2015 amosouse publicamente en desacordo coa política do entón presidente do goberno e líder do PP, Mariano Rajoy, en materia de rexeneración democrática, pola súa política económica, polo que consideraba pouca firmeza co separatismo catalán e pola erosión das institucións públicas.[10][11] Crítica coas posicións feministas, amosouse contraria á folga feminista do 8 de marzo de 2018[12] e en xuño dese ano, tras a disolución do goberno de Mariano Rajoy por mor da moción de censura presentada polo PSOE, malia afirmar que seguía no PP anunciou que ía votar por Ciudadanos, e pedía a fusión de ambos os dous partidos.[13]
Foi cabeza do PP para o Congreso dos Deputados en Barcelona nas eleccións xerais do 28 de abril de 2019,[14] e logrou o escano pero foron os peores resultados do partido na provincia na súa historia.[15][16] Nas seguintes eleccións, as do 10 de novembro dese mesmo ano, volveu obter de novo a designación de deputada por Barcelona.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.