From Wikipedia, the free encyclopedia
O Caudal Deportivo de Mieres é un club de fútbol de España, da cidade de Mieres en Asturias. Foi fundado en 1918 e actualmente xoga na Terceira División RFEF.
Caudal Deportivo | |||
---|---|---|---|
Nome | Caudal Deportivo de Mieres | ||
Alcume(s) | Caudalistas, Mierenses | ||
Fundación | 6 de xullo de 1918 (106 anos) | ||
Estadio | Hermanos Antuña, Mieres, España | ||
Inauguración | 1951 | ||
Capacidade | 2.940 | ||
Presidente | Luis María García | ||
Adestrador | Luis Rueda | ||
Liga | 3ª RFEF – Grupo 2 | ||
2020–21 | 3ª – Grupo 2 (A): 4.º de 11 3ª – Grupo 2 (D): 2.º de 6 | ||
Na rede | |||
http://caudaldeportivo.es | |||
| |||
O fútbol chegou a Mieres co século XX. En 1914 púidose organizar o primeiro equipo estable, o Sporting de Mieres, que aínda non estaba federado e acabou desaparecendo aos 4 anos. Nese mesmo ano, 1918, xurdiu a súa substitución, esta vez con todos os papeis en regra para a competición rexional, o Racing Club de Mieres. Tras a guerra civil o goberno español prohibe os estranxerismos e o club pasa a denominarse Caudal Deportivo de Mieres o 3 de xaneiro de 1941.[1]
En 1946 o club ascende a Terceira División, e en 1951 a Segunda División, descendendo de volta desde Segunda a Terceira en 1958.
Desde a tempada 1968-69 o Caudal Deportivo atópase no Grupo I da Terceira División ata 1975, cando finaliza penúltimo, 19º lugar, con 22 puntos e descende a Rexional. Tan só unha tempada despois na 1975-76 proclámase campión de Rexional Preferente e ascende novamente a Terceira. Na tempada 1976-77 no Grupo I da Terceira División clasifícase 8º con 39 puntos. Con este posto lógrase clasificar para a recentemente creada categoría de Segunda B.
Na tempada 2009-10 o Caudal consegue quedar campión de liga na Terceira División quedando clasificado para a promoción á Segunda División B, e o 23 de maio de 2010 consuma o seu ascenso ao eliminar ao Jumilla CF.[2] A tempada seguinte volta á Terceira División. Ese mesmo ano volve proclamarse campión e, o 27 de maio de 2012, o Caudal gaña por 3-0 ao Yeclano Deportivo e volta a Segunda B.
O Caudal Deportivo xoga os seus partidos como local no estadio Hermanos Antuña, con capacidade para 7.500 persoas aproximadamente.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.