From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Catalunya Blaus Almogàvers (Almogáveres Azuis de Cataluña en galego) é a franquía de rugby que representa na Liga Superibérica a Cataluña e á Cataluña norte. A sede principal do equipo está sita en Sant Boi de Llobregat, xogándose os seus partidos de local no Estadi Baldiri Aleu, que é propiedade dun dos clubs inmersos no proxecto, a Santboiana.
Nome | Catalunya Blaus Almogàvers | |
---|---|---|
Fundación | 2009 | |
Sede | Sant Boi de Llobregat, Cataluña | |
Estadio(s) | Estadi Baldiri Aleu | |
Capacidade | 1.350 asentos espectadores | |
Presidente | Victoriano Marlet | |
Adestrador | Pablo Tomás "Tommy" García | |
Liga(s) | Liga Superibérica | |
2009 | 4º | |
| ||
Na rede | ||
http://www.catalunyablausalmogavers.com |
O equipo foi fundado en 2009, e nace aglutinando, a varios dos equipos cataláns: a UE Santboiana, que participa na División de Honra; de Primeira División Nacional tamén participan xogadores do R.C. Sitges, C.R. Sant Cugat, R.C. Hospitalet; así mesmo, participan xogadores da rexional catalá, dos clubs: Castelldefels R.U.C, C.E. INEF Lleida, Gòtics R.C., Reus Deportiu e R.C. Cornellà. Así mesmo, tamén se espera para próximas edicións que algún equipo francés do Top 14 ceda os seus xogadores.
A marca deportiva Canterbury of New Zealand vestirá a esta franquía, ao igual que ás outras cinco participantes.
O primeiro partido disputado por esta franquía foi o 24 de abril de 2009, nun encontro celebrado no Miniestadio de Anoeta fronte ao Basque Korsarioak, non conseguiu vencer, mais obtivo o bonus defensivo que tan necesario lle foi ao final da fase regular da liga.
O nome da franquía, Almogàvers (almogávares), inspírase na historia de Cataluña e do reino de Aragón. Durante a Idade Media, o reino de Aragón baseou o seu poder militar no Mediterráneo nestas forzas de choque de infantaría[Cómpre referencia]. O adxectivo Blaus (azuis), vén dado pola cor das súas camisolas, así como moitas outras franquías de distintas competicións que empregan este formato, coma os Cardiff Blues da Magners League ou os Auckland Blues (Super 14).
O logotipo da franquía é a palabra Almogàvers rodeada por unhas liñas azuis con forma de balón de rugby e a bandeira catalá baixo o nome.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.