Castro de Santa Comba
poboado fortificado en Covas, Ferrol From Wikipedia, the free encyclopedia
poboado fortificado en Covas, Ferrol From Wikipedia, the free encyclopedia
O Castro de Santa Comba é un castro costeiro situado na illa de Santa Comba (concello de Ferrol), formada actualmente por tres illas, con orientación NO-SE. Sobre a illa central, a de maior tamaño, está a ermida de Santa Comba, do século XI.
Castro de Santa Comba | |
---|---|
Parroquia | Covas |
Concello | Ferrol |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galiza |
Id. catálogo | GA15036014 |
Cronoloxía | |
Data da descuberta | 2001-2006 |
Períodos de escavación | 2001-2006 |
Véxase tamén | |
Castros de Galiza |
No ano 2001 a Universidade da Coruña e o CSIC iniciaron un traballo de escavación na illa de Santa Comba que foi continuado ata o ano 2006. As tres illas formaban unha península unida a terra. As tres illas teñen unha lonxitude total de 320 metros e unha anchura máxima de 110 metros. Alí atopouse o único forno obradoiro para traballos con ferro que se coñece en Galiza.[1]
O 15 de outubro de 2001 André Pena Graña atopou unha lousiña circular datada no século I do tamaño e da forma dunha fusaiola duns 4 centímetros de diámetro, cunha inscrición adicada a Reva: REBE TRASANCI AVG[VST]E[2] ("PARA REVA TRASANCIUCA", da «Terra de Trasancos»). Esta inscrición fai referencia á Terra de Trasancos, organización territorial nacida durante a Cultura castrexa.
As prospeccións feitas na terceira campaña de prospeccións arqueolóxicas nas illas e na zona próxima feitas polo CSIC e a UDC atoparon indicios de construcións.[3][4]
O acceso só é posible na baixamar á illa central que é a de maior tamaño e na que está a Ermida de Santa Comba.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.