Edificio Bonín
edificio de Vigo From Wikipedia, the free encyclopedia
O Edificio Bonín, ou Casa Bonín, é un monumental inmoble de planta baixa e tres andares, situado na rúa Areal, esquina rúa Oporto, de Vigo. Foi proxectado no ano 1909 polo arquitecto galego Jenaro de la Fuente Domínguez (1851-1922).[1]
Edificio Bonín | |
---|---|
Edificio facendo chafrán nas rúas Areal e Cidade do Porto | |
Edificio | |
Estilo | Eclecticismo |
Localización | Rúa do Areal/Cidade do Porto Vigo (Galiza) |
Coordenadas | 42°14′20″N 8°43′01″O |
Construción | |
Construción | 1909 |
Remate | 1909 |
Dimensións | |
Plantas | 4 (3 + faio) |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Jenaro de la Fuente Domínguez |
Contratista | Antonio González Romero |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e descrición
Foi promovido polos indianos Manuel Rodríguez Rodríguez e Angelina Bonín que estiveran emigrados en Guayaquil (Ecuador) e construído polo vigués Antonio González Romero.
É unha das obras emblemáticas do eclecticismo de acentos franceses que caracteriza ao ensanche vigués. Mantén na súa composición o repartimento regular de vans e amosa un excelente tratamento granítico cunha espectacular e recargada ornamentación que reflicte a perfección alcanzada polos mestres canteiros locais. Entre os elementos decorativos da fachada aparecen falsas claves, máscaras de rostros monstruosos, frontóns decorados con motivos vexetais enmarcados por arcos, balcóns corridos enmarcados por columnas xónicas e corintias e ménsulas decoradas.
Galería de imaxes
- Parte central da fachada
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.