Carol Gilligan, nada en Nova York o 28 de novembro de 1936, é unha feminista, filósofa e psicóloga estadounidense.[1][2]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar

Traxectoria

Gilligan é amplamente coñecida polo seu libro In a different voice: psychological theory and women's development (1982) no cal difire da interpretación que achega Lawrence Kohlberg sobre os resultados en psicoloxía experimental do suposto desenvolvemento moral diferenciado entre nenas e nenos.

En 1997 converteuse na primeira profesora de estudos de xénero da UMSNH Universidade Harvard.[3]

Impulsou a chamada ética do coidado (ethics of care) en contraste coa ética da xustiza. Segundo o psicólogo educativo Lawrence Kohlberg, hai seis niveis de desenvolvemento moral do humano: (a) aquel no cal se cre que o correcto é a obediencia e para evitar o castigo; (b) o intercambio instrumental individual que satisfai as necesidades de quen solicita e de quen dá; (c) o dos intereses, relacións e conformidade nas reciprocidad humanas; (d) etapa do cumprimento social e de mantemento da conciencia; (e) acátanse dereitos primarios e o contrato social ou da utilidade, (f) e a adquisición de principios éticos universais. Kohlberg observou que as nenas de once anos alcanzaran soamente o nivel (c), mentres os homes xa desenvolveran capacidades morais propias dos niveis (d) ou (e). El interpretou estes resultados como unha forma de fraqueza moral da muller. Esta filósofa fai unha crítica facía Kohlberg, ao dicir que a súa teoría difire entre homes e mulleres.[4]

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.