Carmen Méndez

enxeñeira química e actriz galega From Wikipedia, the free encyclopedia

Carmen Méndez

Carmen Méndez, nada en Neira de Rei, Baralla, en 1979, é unha actriz galega.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Carmen Méndez
Thumb
(2017)
Biografía
Nacemento1979 (44/45 anos)
Baralla, España
Actividade
Ocupaciónactriz, actriz de cinema, directora de cinema, actriz de televisión

Sitio webcarmen-mendez.com
Pechar

Traxectoria

Estudou Enxeñaría Química na Universidade de Santiago de Compostela, no campus de Lugo. Estudou interpretación na escola Réplika Teatro e tamén se formou con Fernando Piernas, Montxo Armendáriz e Fernando Franco. Tamén estudou violín no Conservatorio Profesional de Música de Lugo.[2]

En cine traballou na longametraxe Bad Investigate, da produtora portuguesa Lightbox Filmes e protagonizou Pelerinaxes, longametraxe documental dirixida por Simone Saibene que gañou ex-aequo o primeiro no Festival de Cinema de Avança (Portugal) (Sección Televisión).[3]

En televisión traballou na serie da TVG Pazo de familia, personaxe pola que foi proposta dúas veces ós Premios Mestre Mateo como mellor actriz secundaria. Tamén participou en Serramoura e formou parte do elenco da serie Auga seca, de Portocabo e Spi e de Élite. Actualmente é un dos personaxes principais da serie da TVG Saudade de ti.

En 2019 entrou na xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual.[4]

Filmografía

Cine

Máis información Ano, Título ...
Ano Título Director/a Personaxe
2023 Asteroid City Wes Anderson Seminar Actor
2021 Tres Juanjo Giménez Peña Neuróloga
2020 María Solinha Ignacio Vilar Ana de Castro
2018 Bad Investigate Luis Ismael María
2016 Pelerinaxes Simone Saibene Luzía
Pechar

Series de televisión

Máis información Ano/s, Serie ...
Ano/s Serie Canal Personaxe Notas
2022-2023 Saudade de ti TVG Mónica 120 capítulos
2022 Élite Netflix Avogada 1 capítulo
2020-2021 Auga Seca Rtp1 e TVG Magdalena 14 capítulos
2014-2018 Pazo de familia TVG Rita 103 capítulos
2018 Serramoura TVG Berta 2 capítulos
2014 O Faro TVG Xuíza 1 capítulo
2013 Inseguridad Social Piloto TV Iria 1 capítulo
2013 A Milagrosa Piloto TV Iria 1 capítulo
Pechar

Curtametraxes

Máis información Ano, Título ...
Ano Título Director/a
2023 Mussol Juanjo Giménez Peña
2019 Malcavada Antonio Mourelos
2018 El rastro del cazador David Salgado
2015 La fiesta Simone Saibene
2014 Action Painting Olalla Méndez
2014 Nadie la ve Carla Nimo
2013 Las cartas vienen de París Alicia Rodríguez, Hadrián Rodríguez e Lucía Rodríguez
2013 Pompas de xabón Stefan Varela
2009 Muñecas Rosa Márquez
Pechar

Teatro

  • 2023-Act: As R(h)umorosas, espectáculo de humor de Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro.
  • 2021: Sen restricións. Dir. Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro.
  • 2019: Outras Químicas (monólogo). Dir. Carmen Méndez
  • 2013: Escenas Chejovianas. Dir. Carlos Villarino.
  • 2013: As marxes da desgraza. Dir. Santiago Cortegoso.
  • 2013: Fin de Trayecto. Dir. Carlos Villarino.
  • 2008: Vinum Sabatti. Dir. Gretha Omey.
  • 2005: La felicidad completa. Dir. Antonius Bloc.

Premios

Premios Mestre Mateo

Máis información Ano, Categoría ...
Ano Categoría Película/Serie Resultado
2017 Mellor actriz secundaria Pazo de Familia Nomeada
2016 Mellor actriz secundaria Pazo de Familia Nomeada
Pechar

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.