Carmen Luvana
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Carmen Luvana, nada o 23 de agosto de 1981 en Nova York, é unha actriz porno estadounidense de orixe portorriqueña.
Remove ads
Biografía
Naceu no barrio neoiorquino de Brooklyn. Con apenas 5 anos os seus pais múdanse a Porto Rico de onde eran orixinarios. Permanece aí ata os 18 anos. A esa idade decide instalarse en Miami (Florida) para traballar como stripper en diversos clubs da cidade.
En 2001 debuta no cine porno con More Dirty Debutantes 211. Tras un ano de contrato con New Sensations convértese no buque insignia da produtora Adam & Eve, que a ficha no 2003. Nese ano realiza a súa primeira escena de sexo anal en The Perfect Secretary, experiencia que só repetiría posteriormente en The Power of Submission (2006).
A finais do 2007 anuncia a súa vontade de retirarse da industria do porno ao concluír o ano 2008[1]. Foi portada de revistas como Hustler, Oui, Genesis magazines ou Maxim[2].
Remove ads
Premios
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads