Carlos de Borbón-Dúas Sicilias

aristócrata español From Wikipedia, the free encyclopedia

Carlos de Borbón-Dúas Sicilias

Carlos de Borbón-Dúas Sicilias e Borbón-Parma, nado en Lausana o 16 de xaneiro de 1938 e finado en Retuerta del Bullaque (Cidade Real) o 5 de outubro de 2015, foi un infante de España, príncipe das Dúas Sicilias, duque de Calabria, conde de Caserta e xefe da Casa Real de Borbón-Dúas Sicilias.

Traxectoria

Era fillo do infante Afonso de Borbón-Dúas Sicilias e Borbón (1901-1964) e da princesa Alicia de Borbón-Parma (1917-2017). Neto por vía paterna da princesa de Asturias Mercedes de Borbón e Habsburgo-Lorena (1880-1904), irmá de Afonso XIII, e do infante Carlos Tancredo de Borbón-Dúas Sicilias (1870-1949).

O seu curmán, o rei Xoán Carlos I, concedeulle o título de infante de España o 16 de decembro de 1994. Tamén foi presidente do Real Consello das Ordes Militares de Santiago, Calatrava, Alcántara e Montesa. Foi un dos dous pretendentes ao desaparecido trono das Dúas Sicilias.

O infante Carlos ocuparía o primeiro posto na liña de sucesión á coroa española logo dos descendentes do rei Xoán Carlos I se se considerase oficialmente que as irmás do rei, as infantas Pilar e Margarida, quedaron excluídas da sucesión ao contraer matrimonio con persoas que non pertencían a algunha familia real, como prescribía a pragmática sanción do rei Carlos III que regulaba os matrimonios da Casa Real Española. A Pragmática Sanción quedou derrogada de facto pola Constitución española de 1978 pero a aprobación do texto constitucional foi posterior aos matrimonios das infantas. Actualmente non se determinou con carácter oficial se as infantas Pilar e Margarida quedaron ou non apartadas da sucesión.

Descendencia

Carlos de Borbón-Dúas Sicilias contraeu matrimonio o 12 de maio de 1965 na capela Real de Dreux coa princesa Ana de Orleáns (n. 4 de decembro de 1938). Ana de Orleáns é filla do príncipe Henrique de Orleáns, conde de París (1908-1999) e a princesa Isabel de Orleáns-Bragança (1911-2003). O matrimonio tivo cinco fillos:

  • Cristina de Borbón-Dúas Sicilias, n. 1966, casada con Pedro López-Quesada y Fernández-Urrutia e nai dunha filla, Victoria, e dun fillo, Pedro.
  • María de Borbón-Dúas Sicilias, n. 1967, casada coa súa Alteza Imperial e Real o Arquiduque Simeón de Austria e nai de tres fillos: Johannes, Ludwig e Philipp; e de dúas fillas, Isabel e Carlota.
  • Pedro de Borbón-Dúas Sicilias, duque de Noto, n. 1968, casado con Sofía Landaluce y Melgarejo e pai de seis fillos (Jaime, Juan, Pablo, Pedro, Sofía, e unha filla recentemente nacida en abril de 2011).
  • Inés de Borbón-Dúas Sicilias, n. 1971, casada co Nobre napolitano Michele Carelli Palombi di Marchesi di Raiano e nai de dúas fillas, Teresa e Branca.
  • Vitoria de Borbón-Dúas Sicilias, n. 1976, casada con Markos Nomikos e nai de dous fillos, Anastasios e Carlos; e dunha filla, Ana.

Ascendencia

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Rei Fernando II das Dúas Sicilias
 
 
 
 
 
 
 
8. Príncipe Afonso de Borbón-Dúas Sicilias, Conde de Caserta
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Arquiduquesa María Teresa de Austria
 
 
 
 
 
 
 
4. Príncipe Carlos Tancredo de Borbón-Dúas Sicilias
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Príncipe Francisco de Paula das Dúas Sicilias
 
 
 
 
 
 
 
9. Princesa María Antonieta das Dúas Sicilias
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Arquiduquesa María Isabel de Toscana
 
 
 
 
 
 
 
2. Infante Afonso, Duque de Calabria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Francisco de Asís, Rei consorte de España
 
 
 
 
 
 
 
10. Rei Afonso XII de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Raíña Isabel II de España
 
 
 
 
 
 
 
5. Mercedes, Princesa de Asturias
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Arquiduque Carlos Fernando de Austria
 
 
 
 
 
 
 
11. Arquiduquesa María Cristina de Austria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Arquiduquesa Isabel Francisca de Austria
 
 
 
 
 
 
 
1. Infante Carlos, Duque de Calabria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Carlos III, Duque de Parma
 
 
 
 
 
 
 
12. Roberto I, Duque de Parma
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Princesa Luisa María Teresa de Francia
 
 
 
 
 
 
 
6. Elías I, Duque de Parma
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Rei Fernando II das Dúas Sicilias (= 16)
 
 
 
 
 
 
 
13. Princesa María Pía das Dúas Sicilias
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Arquiduquesa María Teresa de Austria (= 17)
 
 
 
 
 
 
 
3. Infanta Alicia de Borbón-Parma
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Arquiduque Carlos Fernando de Austria (= 22)
 
 
 
 
 
 
 
14. Arquiduque Federico de Austria, Duque de Teschen
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Arquiduquesa Isabel Francisca de Austria (= 23)
 
 
 
 
 
 
 
7. Arquiduquesa María Ana de Austria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Duque Rodolfo de Croÿ
 
 
 
 
 
 
 
15. Princesa Isabel de Croÿ
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Princesa Natalia de Ligne
 
 
 
 
 
 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.