avogado, militar e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Carlos Taboada Tundidor, nado en Ourense o 8 de agosto de 1880 e finado na mesma cidade o 26 de abril de 1935, foi un avogado, militar e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de agosto de 1880 Ourense, España |
Morte | 26 de abril de 1935 (54 anos) Ourense, España |
Deputado nas Cortes republicanas | |
6 de decembro de 1933 – 15 de maio de 1935 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Ourense | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | avogado, político |
Familia | |
Pai | Juan Taboada González |
Irmáns | Antonio Taboada Tundidor |
Fillo de Juan Taboada González,[1] e irmán de Antonio Taboada Tundidor. Estudou Dereito e ingresou na administración militar, da que se retirou como tenente coronel. Católico profeso e afín ao Partido Conservador da facción bugallalista, padeceu o rexeitamento dos monárquicos tralo fin da ditadura de Primo de Rivera[2]. Coa chegada da Segunda República, fundou Acción Popular Agraria na provincia ourensá co apoio de Gil Robles e foi elixido deputado da CEDA pola provincia de Ourense nas Eleccións xerais de 1933, axudándose das antigas redes caciquís do político conservador verinés Luís Espada Guntín.[3] Finou en Ourense o 26 de abril de 1935.[4]
En 1910 casou no Pinto (Esgos) con María Isabel Álvarez Moreiras,[5] falecida por mor da gripe de 1918.[6] Casou en segundas nupcias con Carmen Galán Salgado en 1921,[7] e foi pai de María Isabel e Amalia Taboada Galán, casada esta última con Elías Palao Martialay.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.