escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Carlos Ignacio Labraña Barrero, nado en Cedeira o 29 de maio de 1969, é un escritor galego.
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de maio de 1969 (55 anos) Cedeira, España |
Formación profesional | Arquitectura Técnica |
Actividade | |
Campo de traballo | Drama, youth theatre (en) e Actuación |
Ocupación | escritor, dramaturgo, actor de teatro |
Xénero artístico | Teatro infantil e xuvenil |
Familia | |
Irmáns | Sabela Labraña |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2023.) |
Arquitecto técnico de profesión, comezou a súa relación co teatro asistindo aos cursos de técnica actoral impartidos pola actriz Fusa Guillén. Xuntos fundaron en 1988 o Colectivo Garola, dedicado á difusión do teatro infantil galego. Con este colectivo participou na escrita de numerosas pezas de teatro para nenas e nenos como O segredo de Daniel (1998) e A Escada (1994), ámbalas dúas premiadas na Mostra de Teatro Xeración Nós.
Afastado de Cedeira por motivos laborais, comezou a súa escrita de maneira individual ou en colaboración cos seus irmáns Sabela e Antón, con títulos como O teatro dos soños, A viaxe de Farrapos ou Esperta, principiño! Froito da colaboración coa Asociación de Amigos do Samaín na recuperación do tallado de cabazas é a obra Indo para o Samaín, traducida posteriormente ao castelán.
Coa peza Os sons da bugina resultou finalista do premio Meiga Moira de Literatura Infantil no ano 2006. Foi galardoado en dúas edicións co Premio Estornela de teatro para nenos con Teatro de Xoguete (2010) e A pequena compaña (2014), e mención de honra con A fraga das árbores das palabras (2012). Tamén recibiu en tres ocasións o premio O Facho de teatro infantil polas obras Espantallo (2013), Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada (2014) e Estrela... fugaz? (2015) e o premio Manuel María de literatura dramática infantil por O valo (2016).
Participa na promoción do teatro infantil galego a través de diferentes plataformas, como a Asociación de teatro infantil e xuvenil de España (ASSITEJ),[1] de cuxa directiva formou parte, a Asociación de Literatura Dramática Galega (DRAMATURGA), da que é socio fundador, ou a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX), na que coordina un grupo traballo para a elaboración da Guía do teatro infantil e xuvenil galego.
Fundou a compañía de teatro Os furabolos para levar á escena as súas obras, e na que desenvolve tamén a súa faceta como actor. Estrelamar foi a primeira montaxe estreada.
A biblioteca do CEIP Nicolás del Río leva o seu nome.[5]
Foi irmán da lingüista Sabela Labraña.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.