sociólogo, psicoterapeuta e activista político catalán From Wikipedia, the free encyclopedia
Carles Riera i Albert, nado en 1960, é un sociólogo, psicoterapeuta[1] e activista político catalán.
Foi director da Fundació Pere Mitjans dende 1984 até 1988, así como cofundador e director da Fundació Randa-Lluís Maria Xirinacs. Foi presidente do Centre Internacional Escarré per a les Minories Ètniques i Nacionals entre 2010 e 2015, e fundador e presidente da Fundació Desenvolupament Comunitari entre 1993 e 2015. Tamén foi membro do Consello Internacional do Fórum Social Mundial entre 2002 e 2012. É terapeuta de L'Espai de Gestalt dende o ano 2010 e sociólogo da cooperativa La Fàbrica dende 2013.
Na década de 1980 foi integrante e voceiro da Crida a la Solidaritat en Defensa de la Llengua, la Cultura i la Nació Catalanes; nos 90 foi membro do secretariado da Assemblea d'Unitat Popular[2] e actualmente é membro da organización independentista catalá Endavant.
Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2015, foi candidato da Candidatura d'Unitat Popular - Crida Constituent pola circunscrición de Barcelona.[3] Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2017 foi cabeza de lista da Candidatura d'Unitat Popular - Crida Constituent.[4]
É pai de tres fillos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.