Remove ads
parroquia civil do concello de Taboada From Wikipedia, the free encyclopedia
San Tomé do Carballo é unha parroquia do concello de Taboada na comarca de Chantada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2014 tiña 796 habitantes (364 homes e 432 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 849 habitantes. Alberga a capital municipal.
Carballo | |
---|---|
Casa do Concello | |
Concello | Taboada[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°42′45″N 7°45′07″O |
Poboación | 796 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Atópase no centro xeográfico do concello, nunha planicie dominada por pastos e bosques autóctonos e de piñeiro e de eucalipto en menor medida. Está atravesada polo río da Anguieira, que deita as súas augas no Toldao, o cal tamén atravesa a parroquia de Carballo nu Lugar da Puricela.
Debe o seu nome ao centenario Carballo de Ramos, situado na leira homónima, no extremo sur da vila de Taboada, catalogado como árbore senlleira pola Xunta de Galicia[2].
No seu extremo oriental está o monte da Medela, que dá nome a un lugar próximo, e que con toda probabilidade ten soterrada unha mámoa, a cal tería un grande dominio visual.
A parroquia está atravesada por unha antiga calzada romana, que unía Braga con Lugo, que seguiu sendo utilizada como camiño real até a actualidade. No lugar da Puricela, consérvanse catro miliarios de época romana.[3] Esta vía toma varios nomes no seu paso pola vila, como Rúa Real, Rúa de Riazón ou Rúa de Laxelas. Parte deste trazado, arredor do cal apareceron algunhas aldeas que logo serían integradas na vila, solaparíase coa Avenida de Lugo, construída a mediados do século XIX, e que conforma hoxe en día a principal vía de comunicación.
No lugar de Relás foi construído un pazo pertencente á familia dos Taboada, de titularidade privada e en bo estado de conservación.
En 1898, os seus límites territoriais foron ampliados polo norte debido ao desenvolvemento da vila de Taboada, capital municipal dende a constitución do concello no 1840. A súa fronteira coa parroquia de Bembibre desprazouse cara ao norte desde o río da Anguieira, que atravesa a vila pola metade, aproximadamente até o cruzamento da Avenida de Lugo coa Rúa dos Condes de Taboada.
A parroquia acadou un notábel desenvolvemento nas primeiras décadas do século XX, debido, entre outros, á súa favorable situación xeográfica e a albergar os xulgados do partido xudicial de Chantada. Nestes anos construíuse a casa de Manuel Rigueira, de estilo modernista (1919), e a igrexa parroquial (1920) sobre un templo anterior.
A denominación da vila como Taboada non se fixo maioritaria até avanzado o século XX. Até entón era coñecida como San Tomé ou San Tomé do Carballo, como reflicte a documentación de entón.[4]
Lugares da parroquia de Carballo no concello de Taboada (Lugo) | |
---|---|
Carude | A Medela | A Puricela | Relás | Taboada |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.