Remove ads
obra literaria de Xabier P. DoCampo From Wikipedia, the free encyclopedia
Cando petan na porta pola noite é un libro de Xabier P. Docampo. Editouse por vez primeira en 1994, ano no que acadou o Premio Rañolas, e reeditouse varias veces, a última delas en febreiro do 2005.
Cando petan na porta pola noite | |
---|---|
Título orixinal | Cando petan na porta pola noite |
Autor/a | Xabier P. Docampo |
Orixe | Galicia |
Lingua | Galego |
Colección | Colección Fóra de Xogo |
Xénero(s) | Terror |
Editorial | Xerais |
Data de pub. | Febreiro de 2005 |
Páxinas | 96[1] |
Premios | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O libro divídese en catro relatos; "O espello do viaxeiro", "O fornadas", "A loba" e "O cumpremortes". Cada un destes relatos conta historias diferentes, que o fin ó cabo, demostran principios ou traen algunha ensinanza agochada.
Un viaxeiro que anda perdido pola noite encontra unha casa e pídelle ó dono da casa acubillo.
A sorpresa do viaxeiro dáse cando ve que o seu hospedeiro é igual a el excepto nunha cousa: faltáballe a pálpebra do ollo esquerdo.
Esa noite os dous homes falan e beben viño ata o punto de poñerse violentos, o viaxeiro ataca o hospedeiro e este defendese cun ferro ó roxo vivo, o hospedeiro dálle na pálpebra e o viaxeiro queda sen ela.
O viaxeiro, ó ver que agora xa eran iguais, pensou que o hospedeiro fixérao premeditadamente e deulle morte, despois soterrouno e ese mesmo día chegaron a muller e o fillo do hospedeiro que o tomaron por el. Así pois, a condena do viaxeiro foi vivir a vida do hospedeiro para o resto dos días.
Nunha aldea vivía unha vella que era o demo en persoa.
Os veciños xa estaban fartos dela, e un día uns mozos decidiron darlle unha malleira para que aprendese. O caso é que mallaron na vella ata cansar e cando xa o deran por feito, o rabo do machado suxeitado polo Teixo caeu na fronte da vella e o sangue empezou a escorrer pola súa faciana.
Como ningún dos mozos estaba disposto a confesar, levárona a un forno en desuso e prendéronlle lume, os mozos quedaron ollando como a vella ardía e de súpeto a vella ergueuse e quedou ollando para os mozos, os mozos empezaron a correr e a vella ergueu o brazo e quedou sinalando o Teixo.
Os mozos deron o tema por finalizado e volveron cada un para a súa casa, pero ós catro días os gardas chegaron e empezaron a facer preguntas. Como era ben sabido que os mozos foran mallar na vella, foron presos e cando chegou o xuízo foi o Teixo o que apandou. Estivo dous ou tres anos na cadea e cando saíu deu por pagada a súa débeda coa sociedade.
Un día estaba o Teixo nun campo e empezoulle a contar a súa historia a un home. O que pasaba era que o Fornadas, que así o chamaban agora, era vítima da vella dende o inferno. A vella aparecíalle cada noite e por algunha forma estraña collíalle un órgano do corpo e comíao fitando para el, ata que o deixou baleiro e morreu. Cando lle fixeron a autopsia no tiña nin un só órgano.
Había un rapaz moi xeitoso chamado Silvestre, e moi botado a mocear con moitas rapazas á vez. Un día ía camiñando e tivo que pedir acubillo na casa dos de Revoldás, que tiñan unha filla moi xeitosa chamada Isaura. O rapaz rapidamente empezou a mocear con ela e a Isaura quedou en estado. O Silvestre mesmo lle dou palabra de casar con ela, pero un día alá marcharon os dous á Coruña pola mañá e volveron pola noite.
Desde aquela nada máis se soubo de Silvestre por Revoldás. Pouco despois sóubose que casaba con outra pola Candeloria; o día da voda a Isaura tivo os folgos para baixar e dicirlle o Silvestre: débesme un fillo, ti veras como mo pagas. Pasados uns días a Isaura apareceu aforcada nunha árbore, ditouse de suicidio e por iso non a enterraron no camposanto de parroquia. Un tempo despois a muller do Silvestre tivo un fillo. Un día pola noite baixou á casa do Silvestre unha manda de lobos encabezados por unha loba moi fera cos ollos da cor do lume, e que ninguén fora capaz de pillar. Os homes foran todos a buscar os lobos e na casa só estaban a muller do Silvestre e o fillo; a loba entrou na casa, colleu o fillo coa boca e marchou ata un palleiro, escondeu o rapaz detrás da palla e púxose en fronte da porta. Cando o Silvestre chegou ó palleiro e viu a loba soa, prendeulle lume á palla.
Cando a muller chegou e contoulle o ocorrido, o Silvestre entrou para salvar o seu fillo. Cando deron apagado o lume, encontráronse tres corpos: o da loba, o do Silvestre e o do fillo.
Un home recibe unha carta de loito que di que vai morrer ese día, pero sen indicar inicialmente o ano. En cartas sucesivas descobre tamén o ano. O home, despois de cavilar, pensou que tiñan que vir da morte, e mudouse. Vagando pola cidade chegou o día e o ano en que presuntamente ía morrer. Tras sentar nun banco, unha muller preguntoulle a hora, el díxolle que non tiña reloxo, ao que ela respondeu que xa pasaban das doce da noite. O home, sen entender nada, dixo: "ó final foi unha broma", pero a muller, que confesou ser a autora desas cartas, díxolle que non, mais que el se librara da morte por intentar loitar contra o seu destino.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.