From Wikipedia, the free encyclopedia
Candamu (en castelán: Candamo) é un concello de Asturias, sito no centro-oeste da comunidade. Linda polo leste con Les Regueres, polo sur con Grau, polo norte con Illas, Castrillón e Sotu'l Barcu e polo oeste con Pravia e Salas.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.) |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Asturias | ||||
Provincia | provincia de Asturias | ||||
Capital | Grullos | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.932 (2023) (26,84 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 71,97 km² | ||||
Punto máis baixo | Río Narcea | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Candamo (en) | Q113768107 (2015–2022) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 33828 e 33829 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 33010 | ||||
Páxina web | ayto-candamo.es |
Este concello ten sona tanto pola Cova da Peña como pola súa horta, tendo unha saliente importancia o amorodo, celebrándose na primeira fin de semana de xuño o Festival do morote de Candamu.
No ano 2005 a súa poboación era de 2.351 habitantes. O concello ten unha área de 72,07 km². A capital municipal é a vila de Grullos. Outras localidades importantes do concello son San Román, Cueru e Ventosa.
Carece dunha vía principal de comunicación, estando o territorio percorrido por unha complicada rede de estradas, autonómicas e comarcais. Dista 32 km da capital asturiana.
O seu relevo está erosionado de abondo e os picos máis altos superan en pouco os 600 metros, como sucede no Pico Grande con 624 metros e no Pico Pedrouzu de 614 metros. Outras alturas notábeis do concello son o Sollera de 598 metros, as Cruces de 539 metros, e mais a Matiella de 576 metros.
O principal curso fluvial é Nalón cos seus afluentes: Dele, Reguirón e Valle.
A paisaxe, montesía, está marcada por especies foráneas: eucaliptos e piñeiros. No fondo dos vales, a súa vexetación mostra unha maior variedade: freixos, lamigueiros e vimieros.
Candamu e, especialmente, as beiras do río Nalón, conteñen grande riqueza de asentamentos Paleolíticos. Un sitio importante é a cova da Peña de Candamu, descuberta en 1913. Contén o máis importante conxunto de arte rupestre paleolítico no occidente de Asturias. Fican do neolítico restos tumularios nas zonas de Ventosa ou de Valdemora.
Da época castrexa salientan tres lugares: El Castiello en Prahúa, La Pica en Murias e El Castiello en San Tiso.
O período da romanización no deixou pegadas especiais neste concello, circunstancia que contrasta coa abundancia de restos romanos que hai nos municipios lindeiros.
Da Idade Media, cara ao século XI, téñense as primeiras referencias documentais. É no século XII, cando se revela unha organización administrativa moi vinculada aos territorios de Pravia e Gozón.
No século XIII a súa historia administrativa sofre un cambio, pois pasa a integrarse na pobra de Grau, pero mantendo a súa personalidade territorial. Pasados varios séculos, en 1784 inicia unha época de autonomía e afastamento, xurdindo continuos preitos sobre repartimentos e eleccións contra a casa concello de Grau. Non sería, porén, ata 1835, cando a Xunta de Candamu se proclame de feito, corporación independente, aínda que houbo intentos anteriores de independencia infrutuosos. Máis aínda logrando a separación administrativa, Candamu estará, ao longo do século XIX, xunto a Grau por outros vínculos, como foron os gandeiros e agrícolas.
Pese a que non conta cun sector industrial, a súa historia está moi ligada ao movemento obreiro. Na guerra civil española, fixo unha gran defensa para afogar a entrada das columnas galegas. Logo da guerra, a instalación da zona industrial no centro da rexión, fixo que Candamu seguira a basear a súa economía na tradición agrícola.
No concello de Candamu, desde 1979, o partido que máis tempo gobernou foi o PSOE.
O concello de Candamu está dividido en 11 parroquias. Son as seguintes: Aces, Cueiru, Fenoyeda, Grullos, Llameiru, Murias, Praúa, San Román, San Tisu, El Valle e Ventosa.
Este concello, tivo un aumento de poboación nas dúas primeiras décadas do século XX, alcanzando os 5.618 habitantes en 1920, ao que seguiría un descenso que non parou até a metade do XX, comezando en 1960 unha nova aceleración de saída de emigrantes para as zonas industrializadas do centro de Asturias, en especial cara Avilés, en razón da súa proximidade.
O poboamento é o típico dos vales de monte, con pequenos núcleos de poboación, atopándose a maior concentración na Veiga do Nalón. Pero se trata dunha poboación envellecida, xa que as persoas maiores de 60 anos forman unha terceira parte do total da poboación, e os menores de 20 anos non chegan nin ao 21% do total do concello.
A economía baséase na tradición agraria e gandeira, especializándose a gandería nas razas vacúas frisoa e asturiana. Candamu é famoso pola calidade dos seus amorodos, que obtiveron, hai pouco, a denominación de orixe.
O sector industrial ten escasa importancia, mais por contra, nos últimos anos está a desenvolverse unha rede de turismo e servizos arredor do Nalón, con restaurantes, hoteis e atraccións de deporte rural, acuático e de monte.
A mostra artística máis importante do concello é a Cova da Peña, na que apareceron pinturas rupestres. Houbo igrexas prerrománicas e románicas, como Santa María de Murias e San Tisu ou Santiago de Aces, que non chegaron ata hoxe. Si se conservan casas e pazos como son:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Candamu |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.