lugar da parroquia de Barcela, no concello de Negueira de Muñiz From Wikipedia, the free encyclopedia
Cancio é un lugar da parroquia de Barcela, no concello de Negueira de Muñiz, na comarca da Fonsagrada, na provincia de Lugo. No ano 2009 tiña 6 habitantes, 3 homes e 3 mulleres, o que supón un aumento nunha persoa en relación ao padrón do ano 2000. No 2021, a poboación total era de 13 persoas: 10 homes e 3 mulleres.[1]
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2017.) |
Cancio | |
---|---|
Parroquia | Barcela |
Concello | Negueira de Muñiz |
Coordenadas | 43°07′01″N 6°53′18″O |
Poboación | 7 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
A aldea de Cancio foi deshabitándose pouco a pouco tras a construción do encoro do Salime, nos anos 1950, ata que chegou a despoboarse totalmente. Nos anos 1980, unha parella que chegou ao lugar para participar na experiencia da coñecida como Comuna del Foxo comprou e habitou unha das vivendas, onde aínda residen. En 2010 habitáronse outras tres casas. Unha delas foi adquirida e rehabilitada polos promotores de 27113 Comuna, S. Coop. Galega, empresa cooperativa de traballo asociada creada no ano 2011. A empresa habilitou a propiedade coñecida antigamente como «El casarío de Cancio» e os terreos de arredor para poñer en marcha un proxecto de autoemprego que permitise ás socias establecerse no lugar e promover melloras sociais concretas, como a potenciación socioeconómica do rural, o fomento do cooperativismo ou o coidado medioambiental.[2]
Lugares da parroquia de Barcela no concello de Negueira de Muñiz (Lugo) | |
---|---|
Barcela | Cancio | Castelo | El Foxo | Rozadas | Santalla | Vilauxín |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.