Campus Universitario das Lagoas-Marcosende
campus universitario en Vigo From Wikipedia, the free encyclopedia
O Campus Universitario das Lagoas-Marcosende, tamén coñecido como Cidade Universitaria das Lagoas-Marcosende e anteriormente como Colexio Universitario de Vigo (CUVI), é o campus de maior extensión do Campus de Vigo, da universidade homónima. Sitúase nos montes da parroquia viguesa de Zamáns, concretamente preto de Marcosende e Cidáns. O lugar de Vilariño quedou enclavado dentro deste campus.
Campus Universitario das Lagoas-Marcosende | |
---|---|
Datos xerais | |
Localización | Zamáns |
Datos actuais | |
Datos de contacto | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
O campus construíuse sobre terreos forestais situados principalmente na parroquia de Zamáns, aínda que tamén se viron afectadas Beade, Valadares e Bembrive[1]. Levouse a cabo un proceso de expropiación de máis dun millón de metros cadrados, tanto de predios particulares como comunais[2]. Para a ampliación de 1993, a Comunidade de Montes en Man Común de Zamáns rexeitou o prezo de 1.500 pesetas por metro cadrado, establecido polo Xurado Provincial de Expropiacións[3]. Este conflito, que derivou nos xulgados[4], non remataría ata 2017, cando chegou a un acordo co concello de Vigo[5].
O primeiro xermolo foi o Colexio Universitario de Vigo (CUVI), construído en 1977, actual facultade de Filoloxía[6]. A ampliación de 1993 construíuse segundo o modelo de cidade académica estadounidense. Abrangue facultades, residencia, complexos deportivos e de lecer e centro comercial[7]. Foi deseñada polos arquitectos Alberto Noguerol, Alfonso Penela[8], Benedetta Tagliabue[9], César Portela[9], Enric Miralles[10], Gabriel Santos Zas[9] e Pilar Díez[6].
Neste campus encóntranse a meirande parte das facultades da Universidade de Vigo:
- Escola de Enxeñaría Industrial
- ETS de Enxeñaría de Minas
- Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
- Facultade de Bioloxía
- Facultade de Química
- Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
- Facultade de Ciencias do Mar
- Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
- Facultade de Filoloxía e Tradución
- Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación (CACTI)
- Centro de Investigación Biomédica (CINBIO)
- Centro de Investigación Tecnolóxico Industrial (MTI)
Rueiro
O Consello de Goberno da Universidade decidiu bautizar as rúas do campus en decembro do 2003, algunhas delas homenaxean a Leonardo da Vinci, a Galileo, a Erasmo, a Marie Curie, a Maxwell, a Enric Miralles, á Xeración Nós, á Ilustración e ás Cantigas[11][12]. Descartes, Sócrates, Xulio Verne, María Moliner, Severo Ochoa e Maruxa Mallo tamén se propuxeron, pero por diversos motivos foron desbotados.[11][13] O pleno do concello de Vigo do 31 de maio de 2004 acordou aceptar esta nomenclatura. Ademais, empregouse a microtoponimia para nomear outros viais, como As Pedras Miúdas, O Ferro Vello, A Fontefría, A Fonte das Abelleiras, As Devesas, O Camiño dos Arrieiros, A Cumieira e As Pedreiras[14].
En abril do 2019, acordouse bautizar os edificios de Xerencia-Servizos Centrais, Anexo á Xerencia e Reitoría cos nomes de Exeria, Filomena Dato e Ernestina Otero.[15] Outros edificios levan o nome de Isaac Newton e Enric Miralles.
Galería de imaxes
Notas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.