From Wikipedia, the free encyclopedia
Un Medio Ironman, tamén chamado Ironman 70.3, é unha da serie de carreiras de tríatlon de longa distancia organizadas pola World Triathlon Corporation (WTC).
Tipo | tríatlon |
---|---|
Organizador | World Triathlon Corporation (en) |
Localización e Datas | |
País | Estados Unidos de América |
Vixencia | 2006 – |
O "70.3" refírese á distancia total en millas (113,0 km) que cubre a carreira, a cal consiste en 1,9 km de natación, 90 km en bicicleta e un medio maratón (aproximadamente 21,1 km de carreira a pé). Cada unha das tres distancias é a metade das distancias que se corren nun Ironman. As series de carreiras culminan cada ano co Campionato Mundial de Medio Ironman, para o que os competidores se cualifican durante as probas dos 12 meses anteriores. Ademais da carreira do Campionato Mundial, celébranse campionatos de Ironman para as rexións europea, Asia-Pacífico, e Latinoamérica.[1]
A cualificación para o Campionato Mundial de Medio Ironman pódese conseguir a través das diferentes probas de medio Ironman celebradas durante os 12 meses anteriores. Algunhas probas de medio Ironman tamén puntúan para o Campionato Mundial de Ironman (de distancia completa), que se celebra en Hawai.[2]
Para a clasificación téñense en conta os 5 mellores resultados do ano de cada atleta. Os 50 homes e 35 mulleres con maior puntuación ao final da tempada son os que pasan a disputar a carreira polo campionato[3]
Dende o seu primeiro ano como campionato con varias carreiras, en 2006, até 2010, os Campionatos Mundiais de Medio Ironman celebráronse en Clearwater, Florida, durante o mes de novembro. En 2011, celebrouse en Las Vegas, en setembro. A partir de 2014 a localización muda cada ano.
Ano | Ouro | Prata | Bronce |
---|---|---|---|
2006 | Craig Alexander | Simon Lessing | Richie Cunningham |
2007 | Andy Potts | Oscar Galíndez | Andrew Johns |
2008 | Terenzo Bozzone | Andreas Raelert | Richie Cunningham |
2009 | Michael Raelert | Daniel Fontana | Matt Reed |
2010 | Michael Raelert | Filip Ospalý | Timothy O'Donnell |
2011 | Craig Alexander | Chris Lieto | Jeff Symonds |
2012 | Sebastian Kienle | Craig Alexander | Bevan Docherty |
2013 | Sebastian Kienle | Terenzo Bozzone | Joe Gambles |
2014 | Javier Gómez Noya | Jan Frodeno | Tim Don |
2015 | Jan Frodeno | Sebastian Kienle | Javier Gómez Noya |
2016 | Timothy Reed | Sebastian Kienle | Ruedi Wild |
2017 | Javier Gómez Noya | Ben Kanute | Tim Don |
2018 | Jan Frodeno | Alistair Brownlee | Javier Gómez Noya |
2019 | Gustav Iden[4] | Alistair Brownlee | Rodolphe Von Berg |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.