Calvert Watkins
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Calvert Watkins, nado en Pittsburgh (Pensilvania) o 13 de marzo de 1933 e finado o 20 de marzo de 2013 nos Ánxeles, foi un filólogo e lingüista estadounidense.
Nome orixinal | (en) Calwert Watkins |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 13 de marzo de 1933 Pittsburgh, Estados Unidos de América |
Morte | 20 de marzo de 2013 (80 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
President of the Linguistic Society of America (en) | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Harvard |
Actividade | |
Campo de traballo | Lingüística, Indoeuropeística, linguas indoeuropeas e lingüística diacrónica |
Lugar de traballo | Cambridge |
Ocupación | lingüista, profesor universitario, filólogo clásico, filólogo |
Empregador | Universidade de California, Os Ánxeles (2003–2013) Universidade Harvard (1959–2003) |
Membro de | |
Premios | |
Foi profesor emérito de lingüística e de Filoloxía clásica na Universidade Harvard e tamén “Professor-in-residence” na Universidade de California nos Ánxeles (UCLA).
A súa tese de doutoramento, Indo-European Origins of the Celtic Verb I. The Sigmatic Aorist (Dublin Institute for Advanced Studies, 1962), que reflectía as ideas estruturalista de Jerzy Kuryłowicz, foi a base dunha nova perspectiva na lingüística comparada das linguas célticas e ao estudo do sistema verbal das Linguas indoeuropeas.
Watkins completou as súas contribucións aos estudos sobre a gramática indoeuropea coa publicación da Indogermanische Grammatik III/1: Geschichte der Indogermanischen Verbalflexion (1969). O seu labor sobre o vocabulario e a poética indoeuropea ten producido ata hoxe un amplo número de artigos publicados relativos (entre outras cousas) ás linguas célticas, anatólicas, grega, itálicas e indoiranias, materiais utilizados no posterior libro How to Kill a Dragon: Aspects of Indo-European Poetics (Oxford University Press, 1995).
Ademais contribuíu, no seu ámbito de competencia das linguas indoeuropeas, á primeira edición do The American Heritage Dictionary of the English Language e publicou The American Heritage Dictionary of Indo-European Roots (ISBN 0-618-08250-6).
A súa parella foi a sanscritista Stephanie Jamison.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.