From Wikipedia, the free encyclopedia
Un cadáver é o corpo dun ser vivo morto.[1] A palabra cadáver provén do latín cadāver, -eris, en relación con el verbo cadere, 'caer', e significa 'caído', e tamén 'morto'.[2][3]
Curiosamente, noutras linguas, a palabra tamén deriva de cadaver(em) (Kadaver en alemán, kadaver en neerlandés), pero sobre todo para indicar o corpo dun animal morto, mentres que en galego pode referirse tanto ao corpo morto dun animal como, máis frecuentemente, ao dunha persoa.
Segundo unha lenda, o vocábulo cadáver é un composto de tres termos diferentes con significado propio dentro do latín[4]. Descomponse nos seguintes termos: caro ('carne'), data ('dado, dada', paticipio de do, das, dare, dedi, datum, 'dar') e vermibus ('a ou para os vermes, dativo de plural de vermis, -is, 'verme'). É dicir, o significado antigo de cadáver vén ser, literalmente, 'carne dada aos vermes' que, segundo a antiga Roma, lugar de onde vén o termo, é unha palabra derivada da simple observación do que sucede cun cadáver en circunstancias meteorolóxicas de intemperie, non sendo manipulada a súa descomposición natural mediante embalsamamento.
O ser humano, desde a antigüidade, tomou diversas medidas para eliminar os cadáveres, normalmente mediante sepulturas escavadas no solo, ou depositando o cadáver en sarcófagos onde o corpo se descompoñía pola acción de vermes e bacterias.
Unha práctica alternativa, tamén de orixe antiga, é a cremación ou eliminación do corpo mediante lume en piras funerarias ou, hoxe, en crematorios.
A atracción sexual cara aos cadáveres denomínase necrofilia, que na maioría das culturas se considera unha práctica socialmente inaceptábel.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.