Cadelucha
especie de molusco From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A cadelucha, coquina ou navalliña (Donax trunculus, Linnaeus 1758; antes Donax vittatus, Pennant 1777) é un molusco bivalvo mariño da familia dos donácidos (Donacidae).

Remove ads
Morfoloxía
É un molusco bivalvo de pequeno tamaño (dun máximo de 4 cm) e esmagado. A cuncha é suave, lustrosa, de perfil ovalado pero co extremo posterior máis recortado que o anterior, de cor tostada verdosa ou parda clara, con bandas concéntricas máis claras. O interior é violáceo pero outras veces laranxa ou branco sucio. A marca do saco paleal é evidente e expresa un seo profundo. A marxe inferior da cuncha está finamente dentada.
Remove ads
Hábitat e distribución
Distribúese pola costa europea do Atlántico norte e no Mediterráneo. Vive en augas superficiais, ata uns 20 m de profundidade, ás penas enterrada na area.
É abundante nas rías galegas.
Interese pesqueiro e comercial
É unha especie comestible, máis no Levante e no interior que en Galicia. Segundo a Consellería de Pesca é unha pequena exquisitez ... que detrás do seu tamaño agacha un sabor cheo de matices.
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- DIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PESQUEIRA: Guía do consumidor de peixe fresco. Xunta de Galicia 1999.
- RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.
- RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.
Ligazóns externas
| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cadelucha |
- Ficha no World Register of Marine Species
- Ficha en pescaderiascorunesas.es (en castelán)
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
