cadeira deseñada por Gerrit Rietveld From Wikipedia, the free encyclopedia
A cadeira Zig Zag é unha cadeira deseñada por Gerrit Rietveld en 1932, encadrada no movemento artístico holandés De Stijl.
Zigzagstoel | |
Fabricante | Cassina S.p.A. |
Feito en | Países Baixos |
Deseño | Gerrit Rietveld |
Estilo | De Stijl |
Período | 1932 |
Dimensións e materiais | |
Lonxitude | 41 cm |
Anchura | 38 cm |
Altura | 74 cm |
Materiais | Madeira de olmo, agora de piñeiro |
Trátase dun deseño minimalista sen patas, feito por 4 táboas de 18 mm de espesor (orixinalmente de olmo, agora de piñeiro) que se unen nas beiras en forma de "Z". As xuntas, que sempre son especiais nos deseños de Rietveld, entre o respaldo e o asento son de cola de milano e entre o asento e "a pata" e desta ata o pé están reforzadas por un bispel de madeira asegurado con parafusos. Ten unha altura de asento de 460 mm. Foi deseñado para a Casa Rietveld Schröder de Rietveld en Utrecht e agora prodúcese polo fabricante italiano Cassina S.p.A.
Rietveld deseñou varios modelos co motivo do zigzag como punto de partida, incluíndo unha cadeira infantil e unha cadeira con repousabrazos.[1] A cadeira está en produción desde 1934 e aínda é fabricada no século XXI por Cassina, coñecida pola súa produción de mobles de deseño antigos e novos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.