Remove ads
concello da provincia de Barcelona From Wikipedia, the free encyclopedia
Cabrils é un municipio de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Maresme. A localidade está situada na zona interior, entre os municipios de Vilassar de Mar, Vilassar de Dalt, Òrrius, Argentona e Cabrera de Mar, e a uns 10 km de Mataró, capital da comarca.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Maresme | ||||
Capital | Cabrils (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.799 (2023) (1.114,14 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 26 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 7 km² | ||||
Bañado por | Riera de Cabrils (en) | ||||
Altitude | 147 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Maite Viñals Clemente (pt) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08348 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 08030 | ||||
Código territorial IDESCAT | 080305 | ||||
Sitio web | cabrils.cat | ||||
O lugar de Cabrils aparece documentado desde 1037, como parte da xurisdición do veciño castelo de Vilassar de Dalt ata o 1820, cando conseguiu ser municipio independente con administración propia.
Eclesiasticamente dependía de Sant Genís de Vilassar ata 1779, cando outorgan a categoría de parroquia á igrexa da Santa Creu.
A poboación foi estacionaria desde o século XIX e ata os anos sesenta, cando a función de veraneo e o aumento da construción de segundas residencias, fixeron crecer notablemente a súa poboación.
Conta cunha poboación de 7799 habitantes (INE 2023).
Gráfica de evolución demográfica de Cabrils[1] entre 1842 e 2021 |
A economía tradicional de Cabrils baseábase na agricultura (laranxeiras e hortalizas). Actualmente xa non hai laranxas e os cultivos foron desaparecendo, en beneficio da floricultura (caraveles e rosas especialmente). Respecto da industria, a construción é o sector económico máis importante. Desde os anos 80 o crecemento de Cabrils foi notable ata converterse nunha importante poboación residencial. A edificación de urbanizacións residenciais cambiou a paisaxe do municipio aumentando a función comercial e dos servizos, sendo o segundo municipio coa renda per cápita máis alta de Cataluña con 28.300 euros.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.